01/06/2026
Que ilusión me fai anunciar que o vindeiro sábado 20 de xuño teremos con nós na libraría a Ana Vieitez presentando a súa novela "Pacto de silencio".
A historia parte do asasinato de Álex, un feito qur obriga á xornalista Sofía a enfrontarse a un pasado que aínda non superara. Un thriller psicolóxico que combina misterio, vinganza e denuncia social cun ritmo súper áxil.
Esperámosvos a tod@s en Libraría Aris para conversar con Ana e pasar unha tarde diferente entre libros 📚