Xogando Nas Nubes

Xogando Nas Nubes Juguetería clásica con juguetes de madera, educativos, artesanos y de toda la vida. Amplia selecci

31/10/2025
Estos días que os peques da casa non teñen clase, non vos parece boa idea pasar un tempo facendo unhas manualidades coa ...
29/10/2025

Estos días que os peques da casa non teñen clase, non vos parece boa idea pasar un tempo facendo unhas manualidades coa temática que acompaña? O Samaín??

Facervos un grimorio e escribir nel cunha pluma, non me digades que non mola. Ou unha coroa de ser máxico e maléfico??? Unhas pulseiras e aneis, ou ben pintar con purpurina? perooo..., da siniestra eh, que estamos en Samaín, jejejeje.
Para os indecisos e indecisas temos unha caixiña cun lote de manualidades diferentes para que probe e faga artistadas de todo tipo.

Apurade e vide rápido por elas, xa sabedes que o stock é xustiño xustiño.

Non hai mellor maneira de celebrar o Samaín cunha siniestra velada de Xogos de Mesa de temática de TERRORRRRR!!!  Non cr...
28/10/2025

Non hai mellor maneira de celebrar o Samaín cunha siniestra velada de Xogos de Mesa de temática de TERRORRRRR!!! Non creedes?

Déixovos algunhas ideas no noso escaparate, pasade a bichear porque vos aseguro que vos van encantar e si necesitades algunha recomendación non dudedes en preguntar. Tedes xogos para todos e todas a partir dos 4 anos.
Dende os monstruíñ@s máis pequenos como para os máis lonxevos da familia.
O caso é pasalo terroríficamente BEN.

Bibliotecas molonas que entenden a importancia do xogo na comunidade.  Bibliotecarias cun nivel de implicación cos seus ...
22/10/2025

Bibliotecas molonas que entenden a importancia do xogo na comunidade. Bibliotecarias cun nivel de implicación cos seus usuarios e usuarias digna de recoñecemento.
Xentiña de Ortigueira, espero que saibades e aproveitedes a sorte que tedes!!! 🥰

Recién entrado o Outono, xa se nota o fresquiño non?, cambiamos o horario de atención na tenda.  Calquera dúbida xa sabe...
29/09/2025

Recién entrado o Outono, xa se nota o fresquiño non?, cambiamos o horario de atención na tenda. Calquera dúbida xa sabedes onde me podedes atopar. Nas Nubes, sempre nas Nubes.☁️☁️☁️☁️

Recién entrado o Outono, xa se nota o fresquiño non?, cambiamos o horario de atención na tenda.  Pode parecer un horario...
23/09/2025

Recién entrado o Outono, xa se nota o fresquiño non?, cambiamos o horario de atención na tenda. Pode parecer un horario pouco comercial pero recordade que Xogando nas Nubes non é sólo unha tenda de xoguetes. Fora da tenda tamén estamos traballando en actividades varias de aí o noso horario tan orixinal. Espero que o entendades. Calquera dúbida xa sabedes onde me podedes atopar. Nas Nubes, sempre nas Nubes.☁️☁️☁️☁️

Recién aterrizada das miñas vacacións e coa volta á rutina despois do marabilloso finde que nos deu o Osa do Mar en Bure...
08/09/2025

Recién aterrizada das miñas vacacións e coa volta á rutina despois do marabilloso finde que nos deu o Osa do Mar en Burela, aquí volvo retomar un pouco ésto. Penso que algún ou algunha tiña curiosidade da miña selección de Xogos de Mesa para esa semaniña de escapada familiar....
Pois aquí a tedes, tendo en conta que viaxábamos con dúas adolescentes ésta foi a miña selección. O que máis saleu a mesa? Por suposto o Océanos de Papel, pero o que foi un descubremento para min, o Yokai Pagoda. Penso que me acompañará na miña mochila durante bastante tempo. Tedes curiosidade por saber máis de algún? Preguntade en comentarios que respostarei encantada.

Pois sí, acabando a tempada de Vrao, como é costume, a familia Xogando nas Nubes tomámonos un merecidiño (penso eu, jeje...
24/08/2025

Pois sí, acabando a tempada de Vrao, como é costume, a familia Xogando nas Nubes tomámonos un merecidiño (penso eu, jejeje) descanso. Colleremos maletas e faremos un pequeno viaxe familiar polo que a tenda estará PECHADA a primeira semana de Setembro. Por suposto volvemos para o esperadísimo Osa do Mar, claro, non nolo perdemos nin por vacacións, jejejeje. Recordade tamén que os Sábados a tenda estará pechada. Esta semana subirei información sobre as mochiliñas e botelliñas TRIXIE que teño en tenda para a volta ao cole, así que atentxs ao noso perfil!!!!

Aquí vos deixo o novo horario para este vrao!!!  Comezamos xa esta semana!!  Como non vou coller vacacións ata Setembro ...
26/06/2025

Aquí vos deixo o novo horario para este vrao!!! Comezamos xa esta semana!! Como non vou coller vacacións ata Setembro pecharei os Sábados para poder estar un pouco máis en familia. Tedes que disculpar pero cunha filla preadolescente poucos vraos que poida aproveitar con ela me van quedar, jejeje.
Recordade:
De Luns a Venres:
De 11:00 a 13:30
De 17:00 a 20:30
Sábados:
PECHADO

Dirección

Rúa Do Correo, Nº 10
Burela
27880

Horario de Apertura

Lunes 11:00 - 13:30
17:00 - 20:00
Martes 11:00 - 13:30
17:00 - 20:00
Miércoles 11:00 - 13:30
17:00 - 20:00
Jueves 11:00 - 13:30
17:00 - 20:00
Viernes 11:00 - 13:30
17:00 - 20:00

Teléfono

+34982879585

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Xogando Nas Nubes publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Xogando Nas Nubes:

Compartir