13/02/2026
A xudía é unha variedade de castiñeiro tradicional de galicia e o norte de portugal, inxertada sobre patrón híbrido ofrece boa resistencia contra a tintura dos castiñeiros. Produce un froito de tamaño grande e alongado en cor marrón clara e brillante cun sabor moi apreciado tanto para o seu consumo en fresco coma para cociñar. Adáptase facilmente a diversos tipos de terras e pola súa maduración tardía, outubro-novembro, non sofre tanto o ataque das pragas e enfermidades que afectan a variedades mais temperás.
En Ruris temos xa castiñeiros xudía esperando a ser plantados. 😍🌳