Petiscos de Nadal

Petiscos de Nadal Mercado de Nadal da Ribeira Sacra no Concello de Taboada

AMBIENTE PETISCOSPetiscos voltou ser lugar e tempo de encontro entre a veciñanza e os visitantes. Espazo para mercar pro...
29/12/2025

AMBIENTE PETISCOS

Petiscos voltou ser lugar e tempo de encontro entre a veciñanza e os visitantes.

Espazo para mercar produtos de primeira calidade e tamén para felicitar as festas á xente apreciada.

Excusa para xuntarse e desfrutar da variada oferta cultural da xornada.

Petiscos voltou ser celebración e orgullo do propio.

Organiza
Imaxes de .io

O concerto de , chegando a Taboada dende Cariño, O Barqueiro e Ortigueira; colocou o feche a esta quinta edición de Peti...
27/12/2025

O concerto de , chegando a Taboada dende Cariño, O Barqueiro e Ortigueira; colocou o feche a esta quinta edición de Petiscos de Nadal, con honores.

Escenario e patio de butacas foron un. Entrega e desfrute en ambos lados, a partes iguais.

Unha vez máis, a compoñente interxeracional presente. Os máis maiores evocando outros torreiros máis antigos e os máis pequenos, recoñecendo nas melodías, o sentimento de pertenza.

Bailáronse muñeiras, jotas e maneos e ata se coreou a panxoliña de Nadal.

A mellor despedida posible, ata a seguinte edición!






Organiza

O sorteo da cesta de Nadal, na Casa da Cultura, foi punto de encontro dunha nutrida representación da veciñanza de Taboa...
26/12/2025

O sorteo da cesta de Nadal, na Casa da Cultura, foi punto de encontro dunha nutrida representación da veciñanza de Taboada.

Conversas abondosas, encontros, felicitacións de Nadal, chocolates quentes e o desexo de ter no peto, a rifa da sorte!

A afortunada co número gañador, foi Segunda; veciña que marchou para a súa casa, coa cesta chea de produtos artesáns, de cada unha das marcas presentes no mercado.

Como cada ano, a ilusión e a alegría, presentes e palpables!








Ilusión, sorpresa e risas, nas caras dos asistentes aos espectáculo do Mago Deimi, na tarde do sábado.Tanto as crianzas,...
26/12/2025

Ilusión, sorpresa e risas, nas caras dos asistentes aos espectáculo do Mago Deimi, na tarde do sábado.

Tanto as crianzas, coma os adultos, ateigaron o primeiro andar da Casa Cuartel; e desfrutaron con moita alegría, a xornada de maxia.

Aplausos fortes e moitas gargalladas, todo o tempo!








De seguro, nesta Noiteboa e Nadal, varios fogares de Taboada e contorna, lucirán engalanados cos adornos ilustrados crea...
25/12/2025

De seguro, nesta Noiteboa e Nadal, varios fogares de Taboada e contorna, lucirán engalanados cos adornos ilustrados creados na tarde do sábado, no obradoiro de

Especialmente fermoso foi compartir o tempo e espazo de xogo e creación, entre os máis pequenos e os máis maiores, na Casa da Cultura.







CONCERTO de THE LÁKAZANSChegaron a Taboada con toda a potencia e forza, e deleitaron aos asistentes coa súa mestría musi...
24/12/2025

CONCERTO de THE LÁKAZANS

Chegaron a Taboada con toda a potencia e forza, e deleitaron aos asistentes coa súa mestría musical.

Un furacán de cancións, antes de xantar.








CONTOS E LENDAS, da man de  Despois da apertura do mercado, agochámonos do frío e a choiva, no primeiro andar da Casa Cu...
23/12/2025

CONTOS E LENDAS, da man de

Despois da apertura do mercado, agochámonos do frío e a choiva, no primeiro andar da Casa Cuartel, para aquecer ao carón do pote, dos contos e a música.





Imaxes de .io

A quinta edición de Petiscos de Nadal foi posible grazas á implicación e participación de todos os artesáns que elixiron...
23/12/2025

A quinta edición de Petiscos de Nadal foi posible grazas á implicación e participación de todos os artesáns que elixiron ser parte; e tamén grazas aos apoios económicos e loxísticos das administracións públicas e outras entidades: Concello de Taboada, Concellería de Cultura; Deputación (Turismo); Vicepresidencia da Deputación (Cultura); Xunta de Galicia e Caixa Rural Galega.

A modo de apertura do Mercado, acompañando á , os representantes das diferentes administracións, percorreron os diferentes postos, falando cos artesáns e coñecendo os seus produtos, de primeira man.

Tamén agradecer a colaboración de todas as persoas implicadas a nivel local, as socias da ACIMTA, a Iván, aos traballadores municipais, ao equipo de deseño gráfico, fotografía e comunicación.







io

Non faltará a maxia, nesta quinta edición de Petiscos de Nadal.Contamos desta volta co espectáculo do Mago Deimi, para t...
19/12/2025

Non faltará a maxia, nesta quinta edición de Petiscos de Nadal.

Contamos desta volta co espectáculo do Mago Deimi, para todos os públicos, que chega cunha chea de sorprendentes trucos, ilusión e moito humor.

Será ás 17.45h, e culminará a súa actuación, co sorteo da cesta de Nadal, a nosa particular e adiantada lotaría!



Organiza





Pola tarde, ás 16.30h, unha nova oportunidade de actividade en familia, co obradoiro de adornos de Nadal ilustrados a ca...
18/12/2025

Pola tarde, ás 16.30h, unha nova oportunidade de actividade en familia, co obradoiro de adornos de Nadal ilustrados a cargo de

Con materiais naturais e moita creatividade, crearanse ornamentos personalizados e ao gusto de cada quen: cervos, elfos, arbores... todo pode ser!






Para fechar con calor e música a xornada, outra proposta musical incuestionable: Os Carecos.A encarnación da paixón pola...
18/12/2025

Para fechar con calor e música a xornada, outra proposta musical incuestionable: Os Carecos.

A encarnación da paixón pola música tradicional e a promesa de facer arder o torreiro. E se cadra, ata nos agasallan con algunha panxoliña! E senon, pedímoslla nos bises...

Ás 19h, xusto despois do sorteo da cesta de Nadal.

Organiza








Dirección

Praza De Riazón
Taboada
27550

Teléfono

+34638486879

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Petiscos de Nadal publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Petiscos de Nadal:

Compartir

Categoría