NUMAX Un cinema, unha libraría e un laboratorio de vídeo, gráfica e comunicación no centro de Compostela.
(361)

Un cinema, unha libraría e un laboratorio de vídeo, deseño e comunicación. Somos unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro formada por persoas procedentes de diversos ámbitos da creación e difusión cultural que decidimos colaborar para facermos xuntos o que estamos afeitos a facer por separado.

⚠️ Informámosvos que até novo aviso queda suspendido o Programa Cine Sénior que permitía ao público maior de 65 anos acc...
12/05/2026

⚠️ Informámosvos que até novo aviso queda suspendido o Programa Cine Sénior que permitía ao público maior de 65 anos acceder os martes á nosa sala por só 2€, grazas ao apoio do Ministerio de Cultura e Deporte.

🙌 O motivo é que xa se esgotaron os fondos para NUMAX desta actividade que agardamos que estea de volta connosco axiña. Mentres tanto agardámosvos en NUMAX coas nosas tarifas habituais.

🥋 KILL BILL: THE WHOLE BLOODY AFFAIR chega a NUMAX ⚔️Esta fin de semana tedes unha cita dobre moi especial con "Kill Bil...
06/04/2026

🥋 KILL BILL: THE WHOLE BLOODY AFFAIR chega a NUMAX ⚔️

Esta fin de semana tedes unha cita dobre moi especial con "Kill Bill", na súa definitiva versión tal e como foi concibida por Quentin Tarantino. A nova edición xunta as versións 1 e 2 estreadas orixinalmente, agora sen cortes nin censuras e co engado de material inédito nunca antes mostrado en cines.

A saga de vinganzas definitiva do cinema contemporáneo chega ás salas con toda a súa forza orixinal e unha duración total que sobrepasa as 4h30min, incluíndo 15 minutos de descanso no medio ao xeito dos interludios das grandes sagas do cinema clásico.

📅 Debido á súa longa duración o filme terá dous únicos pases en NUMAX, o venres 10 ás 18h30 e o sábado 11 ás 16h20. Entradas xa é venda!

💙🏘️ “Tiña o desexo de atravesar os escaparates dos negocios da miña rúa, estar dentro cos artesáns e os dependentes, na ...
22/08/2025

💙🏘️ “Tiña o desexo de atravesar os escaparates dos negocios da miña rúa, estar dentro cos artesáns e os dependentes, na lentitude e paciencia do seu traballo, nas súas horas de espera e na espera da súa clientela, no seu tempo de inactividade e nos seus momentos baleiros, nese misterio das interaccións cotiás. Non elixín os negocios máis pintorescos da rúa Daguerre. Non, só os meus propios comerciantes, aqueles que vexo todos os días, aqueles situados a menos de 50 metros da miña porta.”

✊ Este ano co cinema ao aire libre reivindicamos a vida dos barrios!

💌 Aproveitamos a ocasión para copiarlle a Agnès Varda os seus retratos da rúa Daguerre e facer os nosos retratos da rúa Concepción Arenal. Desta vez, a nosa rúa é localización e tamén protagonista.

📸 Mil grazas ás nosas veciñas por prestarse a facerlles as fotos. Nas imaxes aparecen Zoolandia, Cafetería A Fonte Santiago, O Costureiro de María José, Sala Capitol, Flaco, Salón Beauty Mujer Victoriosa e Capitol Hotel Boutique.

📻🌙 A próxima semana volvemos sacar o cinema á rúa dentro do Festival C! 🥖 O martes 26 ás 21:45 proxectamos DAGUERROTIPOS...
22/08/2025

📻🌙 A próxima semana volvemos sacar o cinema á rúa dentro do Festival C!

🥖 O martes 26 ás 21:45 proxectamos DAGUERROTIPOS, na que Agnès Varda fai unha homenaxe ao cotiá filmando os comercios dos seus veciños na rúa Daguerre en París.

🍕O mércores 27 ás 21:45 é a quenda de FAI O QUE DEBAS, obra mestra de Spike Lee na que retrata as tensións raciais nun barrio de Brooklyn.

🌃 Esta actividade forma parte do Festival C, organizado polo Concello de Santiago e a Deputación da Coruña. As proxeccións son de acceso libre e gratuíto no treito final da rúa Concepción Arenal.

🌧️ En caso de chuvia terán lugar na Casa das Máquinas da rúa Galeras. Informaremos puntualmente no boletín e nas nosas redes sociais.

🗓️🍭 Programación renovada do 22 ao 28 de agosto!🏢 LA COMUNIDAD. Un española actual que conta cun elenco excepcional —Car...
21/08/2025

🗓️🍭 Programación renovada do 22 ao 28 de agosto!

🏢 LA COMUNIDAD. Un española actual que conta cun elenco excepcional —Carmen Maura, Emilio Gutiérrez Caba, Sancho Gracia, Terele Pávez— celebra o seu 25 aniversario. A estrea do filme en NUMAX contará cun exclusivo coloquio en liña con Álex de la Iglesia tras o pase de hoxe, xoves 21, ás 20:00h.

💕 MATERIALISTAS. O triángulo amoroso entre unha casamenteira (Dakota Johnson), o aparente home ideal (Pedro Pascal) e un exmozo que vive na precariedade (Chris Evans), permite a Celine Song (Vidas pasadas) asinar un «drama romántico, social, mordaz e serio, cheo de observacións reveladoras sobre a forma en que vivimos» (Variety).

🐈 HEIDI. O RESCATE DO LINCE. Heidi e Pedro axudan a un lince ferido a sandar e regresar ao seu hábitat natural. O filme proxectarase en versión dobrada ao español e terá pases durante toda a semana en NUMAX. Tamén en celebraremos dous pases extra de Ponyo no acantilado na súa versión dobrada ao galego.

🎟️ + info na billeteira e en numax.org

💓💍 Dakota Johnson, Pedro Pascal e Chris Evans chegan a NUMAX este xoves 21 con MATERIALISTAS, o novo filme de Celine Son...
20/08/2025

💓💍 Dakota Johnson, Pedro Pascal e Chris Evans chegan a NUMAX este xoves 21 con MATERIALISTAS, o novo filme de Celine Song.

A directora de VIDAS PASADAS, achégase agora á comedia romántica para contarnos que "o amor non pertence ao capitalismo. Claro que o capitalismo vai intentar infiltrarse, transformar o amor nun produto de luxo, en algo que se pode vender. Pero o amor sempre vai ser libre. E iso é o verdadeiramente marabilloso." ( )

🎟️ + info e entradas na billeteira e en numax.org

🎤🏢 Este xoves 21 ás 20:00 reestreamos LA COMUNIDAD. Ao remate da sesión haberá un coloquio en liña con Álex de la Iglesi...
18/08/2025

🎤🏢 Este xoves 21 ás 20:00 reestreamos LA COMUNIDAD. Ao remate da sesión haberá un coloquio en liña con Álex de la Iglesia que se proxectará en 30 salas. As entradas para esta sesión xa están dispoñibles!

No seu 25 aniversario recuperamos LA COMUNIDAD, que segue a tradición da comedia coral española, cun elenco excepcional no que destacan Carmen Maura —Goya e Cuncha de Prata a mellor actriz protagonista—, Emilio Gutiérrez Caba —Goya a mellor actor de reparto— e rostros míticos como Terele Pávez ou Sancho Gracia.

A reestrea da copia restaurada terá este primeiro pase especial o xoves 21 e a continuación unha semana de pases diarios até o xoves 28!

🏐🍦Mañá xoves 7 ás 22:00 dentro do ciclo ‘Praia ou piscina?’ temos unha cita con Nanni Moretti e a súa estupenda e hilara...
06/08/2025

🏐🍦Mañá xoves 7 ás 22:00 dentro do ciclo ‘Praia ou piscina?’ temos unha cita con Nanni Moretti e a súa estupenda e hilarante PALOMBELLA ROSSA.

A causa dun accidente, Michele, xogador de waterpolo, perde a memoria. Durante un partido, uns descoñecidos empezan a presionalo co fin de que lembre o seu pasado. Cando o partido está a piques de rematar, Michele disponse a lanzar un penalti do que depende o empate para o seu equipo.

🎟️ + info na billeteira e en numax.org

🐚🕵️‍♀️ Mañá mércores 6 ás 20:00 no ciclo 'Praia ou piscina?' viaxamos a praias arxentinas da man de Laura Citarella e a ...
05/08/2025

🐚🕵️‍♀️ Mañá mércores 6 ás 20:00 no ciclo 'Praia ou piscina?' viaxamos a praias arxentinas da man de Laura Citarella e a súa ópera prima OSTENDE.

Unha muller gaña un concurso. O premio: catro días de vacacións nun hotel de Ostende, cidade balnearia fóra de tempada. A partir de alí ábrense dous camiños. Por unha banda, o do lecer: déixase levar polos rituais do descanso, a praia, as pequenas rutinas, a suave e imperceptible felicidade. Pola outra o da intriga: enigmas sutís, situacións levemente inquietantes, anomalías mínimas, estrañas narracións que parecen dispostas a agromar no momento menos pensado. Entre estes dous universos, entre estas dúas maneiras de pensar o cinema, oscila, como un péndulo, este pequeno filme.

🎟️ + info na billeteira e en numax.org

🏊‍♂️⛱️ Mañá martes 5 ás 20:05 imos á piscina con Burt Lancaster n'O NADADOR, a adaptación que Frank Perry e Sydney Polla...
04/08/2025

🏊‍♂️⛱️ Mañá martes 5 ás 20:05 imos á piscina con Burt Lancaster n'O NADADOR, a adaptación que Frank Perry e Sydney Pollack fixeron da obra de John Cheever.

Ned Merril vive nunha zona residencial de clase alta das aforas de Connecticut. Un día, Ned decátase de que todo o val onde vive está cheo de piscinas privadas. Ante o abraio dos seus amigos, Ned decide percorrer o val de piscina en piscina até chegar á súa casa. Polo camiño, atopa a varias das mulleres que fixeron parte da súa vida.

🎟️ + info na billeteira e en numax.org

😎🛟 Mañá luns 4 ás 19:45 comezamos o ciclo 'Praia ou piscina?' con Takeshi Kitano e a súa divertida e tenra escapada á pr...
03/08/2025

😎🛟 Mañá luns 4 ás 19:45 comezamos o ciclo 'Praia ou piscina?' con Takeshi Kitano e a súa divertida e tenra escapada á praia n'O VERÁN DE KIKUJIRO.

Masao é un neno de nove anos ao que lle toca pasar as vacacións de verán coa súa avoa mentres todos os seus amigos marcharon á praia. O aburrimento de Masao é tal que se lle ocorre a idea buscar a súa nai, á que nunca viu. Con moi pouco diñeiro e cunha fotografía e un enderezo como únicas referenzas, o plan parece condenado ao fracaso. Unha amiga da súa avoa propón que o seu marido acompañe a Masao. O problema é que Kikujio, un antigo yakuza, non parece a compañía máis recomendable para un neno.

🎟️ + info na billeteira e en numax.org

Dirección

Concepción Arenal, 9
Santiago De Compostela
15702

Horario de Apertura

Lunes 10:30 - 14:00
16:00 - 20:30
Martes 16:00 - 20:30
Miércoles 10:00 - 14:00
16:00 - 20:30
Jueves 10:00 - 22:30
Viernes 10:00 - 14:00
16:00 - 22:30
Sábado 11:00 - 14:00
16:00 - 22:30
Domingo 16:00 - 22:30

Teléfono

+34981560250

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando NUMAX publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a NUMAX:

Compartir

Categoría