Komic Librería

Komic Librería Komic Librería: Primeira librería de Galicia especializada en cómics e merchandising. En Santiago de Compostela desde 1987.

Komic Librería abriu as súas portas en Santiago de Compostela no ano 1987, converténdose na primeira tenda especializada en cómics e merchandising de Galicia. En 2017 cumpriu 30 anos, mantendo intactos os seus principios e sinais de identidade: independencia, paixón e voracidade lectora para coñecer de primeira man o que de verdade paga a pena, estrito criterio de selección para ofrecer un fondo b

aseado máis na calidade que na cantidade e, sobre todo, procurar que as relacións humanas prevalezan sobre as mercantís.

Nunca falamos nós da morte de ninguén porque morrer e tan natural como vivir pero morrer desta maneira apénanos a todos....
04/06/2026

Nunca falamos nós da morte de ninguén porque morrer e tan natural como vivir pero morrer desta maneira apénanos a todos. Marjane Satrapi, unha figura clave da BD do século XXI.

Lembrámosvos que seguimos a facer o 10% de desconto en libro galego celebrando tamén toda esta xornada o Día das letras ...
18/05/2026

Lembrámosvos que seguimos a facer o 10% de desconto en libro galego celebrando tamén toda esta xornada o Día das letras !!!

Hoxe estamos toda a xornada na Praza do Toural celebrando o DÍA DAS LETRAS. A partir das 13:00 h. Teremos a Mariano e Ma...
17/05/2026

Hoxe estamos toda a xornada na Praza do Toural celebrando o DÍA DAS LETRAS. A partir das 13:00 h. Teremos a Mariano e Mario E. Casas asinando as dúas obras , agardámosvos !!!

Este mes KOMIC cumpre 39 anos, estamos a piques de mostrarvos o logo do 40 ANIVERSARIO.
16/05/2026

Este mes KOMIC cumpre 39 anos, estamos a piques de mostrarvos o logo do 40 ANIVERSARIO.

O vindeiro domingo 17 celebramos o Día das Letras saíndo á Praza do Toural en compañía de outras tres librerías composte...
12/05/2026

O vindeiro domingo 17 celebramos o Día das Letras saíndo á Praza do Toural en compañía de outras tres librerías compostelanas. Teremos autores de bd firmando ao longo da xornada. Confirmaremos horarios e agardámosvos.

El Correo Gallego pública hoxe unha entrevista a a Mario E. Casas para dar visibilidade á exposición que hoxe inauguramo...
08/05/2026

El Correo Gallego pública hoxe unha entrevista a a Mario E. Casas para dar visibilidade á exposición que hoxe inauguramos no café SAR cos orixinais de A lenda de Santoro. Agardámosvos ás 20:00 h.

Hijo de Mariano Casas, docente de la Mestre Mateo, Mario señala que 'colorear' es lo que le llevó 'más tiempo'. Basa la muestra en originales de su libro ‘A Lenda de Santoro’

Presentámosvos hoxe o cartel da que será a nova exposición que a nosa librería organiza no CAFÉ SAR. É ademáis a primeir...
02/05/2026

Presentámosvos hoxe o cartel da que será a nova exposición que a nosa librería organiza no CAFÉ SAR. É ademáis a primeira vez que o xoven prodixio da bd galega Mario E. Casas expón os orixinais da súa obra recentemente editada "A lenda de Santoro" . A inauguración está prevista para o venres 8 de maio ás 20:00 h. Irémosvos dando máis información nos vindeiros días.

Feliz día do libro 2026 !!! xa sabedes que aplicaremos o 10 % de desconto ao longo de toda a xornada.
23/04/2026

Feliz día do libro 2026 !!! xa sabedes que aplicaremos o 10 % de desconto ao longo de toda a xornada.

Hoxe falámosvos un pouquiño máis do libro que presentará Alberto Ávila Salazar o vindeiro venres 17 no Café Sar xa que a...
15/04/2026

Hoxe falámosvos un pouquiño máis do libro que presentará Alberto Ávila Salazar o vindeiro venres 17 no Café Sar xa que a estas alturas moitos estaredes a preguntarvos de que vai isto da "MAXIA DO CAOS". En palabras do propio Alberto " Para explicalo de maneira moi sinxela falo dun tipo de maxia que se integra nun sistema que che permite facer realidade os teus desexos e poder acceder aos segredos do mundo". Esta corrente ocultista xurde na Inglaterra de mediados dos anos setenta, ten os seus propios rituais e os seus propios magos entre os que poderíamos destacar aos moi afamados guionistas Alan Moore ( Watchmen, V de Vendetta, From Hell...) ou Grant Morrison ( Os Invisibles, Animal Man...). Dous capítulos do libro están adicados á relación que gardan as súas obras co tema que nos ocupa así como á súa irreconciliable rivalidade.

Xusto a continuación o cápítulo "Maxia e música eléctrica" céntrase nalgúns dos grupos e músicos que se sentiron atraídos por
esta corrente, Led Zeppelin, Black Sabbat, Ritchie Blackmore de Deep Purple ou Alice Cooper entre outros. O certo é que o autor cita a moitos músicos das seguintes décadas ata actulidade que tiveron escarceos ou experiencias continuadas co ocultismo, tanto a nivel individual como dentro de grupos e loxias .

E isto non é máis que unha pequena parte do extenso texto pragado de fotografías dos persoaxes, lugares ou libros de referencia que será presentado polo autor e atenderá as cuestións que queirades plantexar os asistentes no conseguinte coloquio.

Dirección

34 Rúa San Pedro De Mezonzo
Santiago De Compostela
15701

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 14:00
16:30 - 20:30
Martes 10:00 - 14:00
16:30 - 20:30
Miércoles 10:00 - 14:00
16:30 - 20:30
Jueves 10:00 - 14:00
16:30 - 20:30
Viernes 10:00 - 14:00
16:30 - 20:30
Sábado 10:30 - 14:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Komic Librería publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría