Libraría de Mulleres Lila de Lilith

Libraría de Mulleres Lila de Lilith Un espazo seguro para a diversidade. Libraría Lila de Lilith, creada no outono do ano 2011 na zona vella de Santiago de Compostela.

15 anos dun lugar onde a literatura escrita por mulleres, que nos nutre, nos sostén e nos fai medrar, dialoga co pensamento crítico e coa cultura con perspectiva de xénero. Provén dun proxecto anterior enfocado na igualdade desde a educación. É unha libraría de mulleres, feminista, con bibliografía de mulleres autoras, en narrativa, poesía, infantil, banda deseñada, e ensaio en temas especializad

os cruzados coa perspectiva de xénero: economía, saude, sexualidade, historia, etc. Programamos cursos e actividades, ademais dos lanzamentos de libros, música, teatro, etc. Queremos ser un espazo real e virtual de intercambio e creación de propostas culturais e reivindicativas feministas

NOVIDADES NA LILA EN XUÑO 202612 Mulleres sen rostro. Rosa de Cabanas.Ilustración e Biografías mulleres galegas
11/06/2026

NOVIDADES NA LILA EN XUÑO 2026
12 Mulleres sen rostro. Rosa de Cabanas.
Ilustración e Biografías mulleres galegas

11/06/2026
😊Aínda coa resaca emocionada da visita de  e de La Nuestra compartimos estas imaxes con vós. 👏🏿Déronnos o relevo desde P...
11/06/2026

😊Aínda coa resaca emocionada da visita de e de La Nuestra compartimos estas imaxes con vós.

👏🏿Déronnos o relevo desde PolasBravas Festival de Chantada, e que forte sentimos a súa enerxía! 💜

🫀Cristina Fallarás e toda a súa rede trouxeron consigo unha revolución de recoñecemento, de palabras, de coidados e de festa.

🥂Que importante celebrarnos e que divertido e liberador facelo coa La Yaya DJ Moi ben o pasamos!

🫶🏽Foi unha festa compartida e colectiva coas Tamborililás Compostela , coa cálida presentación de .coop , coa colaboración disposta de A v a l o n K a i que tamén nos cede fotos 📸 e coa compa Ángela man a man 💜🌈

Silencio nunca máis!

Con

Grazas ao Concello de Santiago por este magnífico espazo

Hoxe na Lila! 🚴‍♀️🚴‍♀️🚴‍♀️
11/06/2026

Hoxe na Lila! 🚴‍♀️🚴‍♀️🚴‍♀️

A bici, ou como as mulleres do século XIX ocuparon o espazo público

Tres xornalistas volven traballar a seis mans logo da edición anotada de ‘Emma’, de Jane Austen, e publican en Sushi Books 'Señoras en bicicleta’

🔗 Para más información pincha en el primer comentario 👇

Presentación María Ramos Domínguez, Ana Bulnes e Raquel C. Pico  conversan entre amigas ao redor do seu texto colectivo ...
03/06/2026

Presentación
María Ramos Domínguez, Ana Bulnes e Raquel C. Pico conversan entre amigas ao redor do seu texto colectivo 𝑺𝒆𝒏̃𝒐𝒓𝒂𝒔 𝒆𝒏 𝒃𝒊𝒄𝒊𝒄𝒍𝒆𝒕𝒂 publicado na editorial Sushi books .books o próximo xoves 11 de Xuño ás 19:00h.

20/05/2026
Que luxo contar con Andre Ai Lalá  na escrita, nos afectos e nas militancias🤩🤩 Tamén a Leticia Citoula por esta obra col...
20/05/2026

Que luxo contar con Andre Ai Lalá na escrita, nos afectos e nas militancias🤩🤩 Tamén a Leticia Citoula por esta obra colectiva marabillosa que co-coordenaron. Moitas grazas a Ana Triñáns por facerse eco da presentación na Lila! 💜

Andrea Nunes Brións: «A gordofobia é unha cuestión política e social»

Andrea Nunes Brións presenta na Lila ‘Razón de peso’, a poucos días de publicar ‘Begoñísima’ e de recoller o Premio Follas Novas por ‘Mapa da estría’

🔗 Más información en el primer comentario 👇

Dirección

Rúa Travesa Nº 7
Santiago De Compostela
15704

Horario de Apertura

Lunes 10:30 - 13:30
Martes 10:30 - 13:30
16:30 - 20:00
Miércoles 10:30 - 13:30
16:30 - 20:00
Jueves 10:30 - 13:30
16:30 - 20:00
Viernes 10:30 - 13:30
17:00 - 20:00
Sábado 10:30 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Libraría de Mulleres Lila de Lilith publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Libraría de Mulleres Lila de Lilith:

Compartir

Categoría