30/10/2022
Despois duns días maliña, hoxe atópome ben, e so me queda dicir que agora si que Librería Dona pecha as súas portas. Dicir que foi unha etapa compartida coa mellor amiga que ninguén poida ter, Susana González Lago, eu estaba ó frente e ela por detrás sempre pendente de todo. Susi mil grazasssss.
Mil grazas tamén a X.m. Xespi polo seu apoio incondicional, queroteeee.
Mil grazas a outra súper amiga que sempre estaba para as miñas peques mentras ou traballaba Noelia Rodriguez Fernandez, grazas de corazón.
Grazas as miñas súper axudantes en épocas de chollo, Sonia Rodriguez, Luiña e Claudia.
Grazas a Manoli Freire, Nancha e Doro que son adorables, se alguén ten algún proxecto e precisa un local como o de Dona,xa sabedes, con eles todo é moito máis sinxelo.
Pero sobre todo mil grazas a todos vós, os que viñades facer as vosas compras e cos que tanto compartín, risas, choros, conversas. GRAZAS DE CORAZÓN. Non vos podo por a todos pero vos sabedes quen sodess. Moita saúde miña xentiña.