Librería Papelería Ben - Rianxo

Librería Papelería Ben - Rianxo Servizos de papelería, libraría e impresión . Librería Papelería

01/09/2025

HORARIO SETEMBRO

LUNS A VENRES DE 10.00 A 17.00H
SÁBADOS DE 10.00 A 13.30H

Volve a rutina, o ano escolar e eu encaro os últimos días desta etapa da miña vida.

Seguimos en liquidación ata finais de mes ou ata esgotar existencias 🥹🥹🥹🥹.

Nunca é doado anunciar algo así, pero despois de case unha década de andadura, anunciamos que a LIBRARÍA BEN pecha as sú...
18/07/2025

Nunca é doado anunciar algo así, pero despois de case unha década de andadura, anunciamos que a LIBRARÍA BEN pecha as súas portas.

Aínda estaremos un tempiño para liquidar e despedírmonos de todos os que nos acompañastes en cada paso do camiño, pero é hora de soltar e buscar novas metas. GRAZAS POR TODO

01/07/2025

HORARIO DE VERÁN DE 01/07 a 31/08

DE 10.00 a 15.00h

03/05/2025

Toda unha sorpresa para min. se aínda non tedes libro elexido para o Día das Letras Galegas, velaquí unha recomendación.

Así rematamos na nosa casa a xornada hoxe. Mercando un “coco”, como di Loaira, para cada un de nós. Graciñas por g***r c...
23/04/2025

Así rematamos na nosa casa a xornada hoxe. Mercando un “coco”, como di Loaira, para cada un de nós. Graciñas por g***r con nós da festa dos libros 🥰.

recoBENdación antihistamínica:Un entorno idílico para unha historia de abuso. Verán do ano 1975. O campamento que dirixe...
31/03/2025

recoBENdación antihistamínica:

Un entorno idílico para unha historia de abuso. Verán do ano 1975. O campamento que dirixe a familia Van Laar para rapaces e rapazas esperta coa noticia da desaparición de Barbara Van Laar. Outra vez a historia se repite porque xa 15 anos antes pasara o mesmo co irmán da desaparecida. E na pescuda da rapaza, irán desenterrándose fragmentos do pasado que poñerán sobre a mesa a ponzoña que corroe a unha comunidade que vive baixo o xugo desta familia. Secretos, abusos, mentiras...os encargados de buscar a adolescente terán que unir un montón de pezas dun crebacabezas no que todos son culpables e no que cada un ten algo que perder se se descobre a verdade.

As sogas do poder económico, de xénero, de clase...todo se entrevé nesta novela que está construída de forma magnífica a través de varias voces e saltos no tempo. Aínda que se desenvolve de forma serodia, como nas grandes novelas de misterio, o importante ao final non é a resolución do caso, senón como as tramas, as personalidades e as mentiras van moldeando a historia e nos atrapa e nos desconcerta a partes iguais.

NOTA DE LIBREIRA: 8/10

recoBENdación recomendada:Un cliente faloume desta novela de 2012 e, como non só de novidades vive unha libreira, púxenm...
10/03/2025

recoBENdación recomendada:

Un cliente faloume desta novela de 2012 e, como non só de novidades vive unha libreira, púxenme a ello. "Pobo pequeno, inferno grande" podería ser unha frase perfecta para definir esta historia, na que todos os personaxes están envelenados por unha ou outra razón e onde parece que a bondade desapareceu coa morte do veciño que é o punto de partida da novela.

Un retrato feroz e descarnado das vilezas humanas, do máis feo e rastrero que pode chegar a ser o ser humano cando ten un obxectivo en mente e non ve máis alá de sí mesmo.

Impresionoume especialmente o ben definidos que están os caracteres dos adolescentes, con esa mirada cortante da realidade que os rodea, conscientes plenamente das debilidades dos adultos e ao mesmo tempo sin ápice de comprensión, como deuses que xulgan sin tomar partido...e, en cambio, con capacidade para actuar premeditada e conscientemente no devir dos acontecementos.

Unha novela dura, con situacións que poden chegar a ferir sensibilidades, pero profundamente realista, que se le rapidamente e coa que é difícil non sentirse asustado por como se desenvolve a historia.

NOTA DE LIBREIRA: 7/10

recoBENdación para rematar febreiro:Libro de tacitas*: dise dos libros que quentan a alma e desvelan misterios da vida, ...
24/02/2025

recoBENdación para rematar febreiro:

Libro de tacitas*: dise dos libros que quentan a alma e desvelan misterios da vida, nesa que non pasa nada e pasa de todo. Con personaxes entrañables e situacións cotiás.

"A Charley no se le escapó este recordatorio de que la popularidad basada en cervezas, bares y amistad de sala de apuestas tiene unos cimientos menos sólidos de los que algunos creen".

Unha lectura moi british para pasar o rato. Unha novela escrita sen pretensións pero nun ton divertido e chispeante que nos presenta o ascenso e caída de Charley Moon, un pillabán de aldea cunha capacidade estraordinaria para facer rir, pero sen un ápice de maldade e de ambición para moverse nas escenas teatrais.

NOTA DE LIBREIRA: 7.5

recoBENdación en galego!!Tres razóns para convencerte:- Capítulos moi curtos. Se tes pouco tempo e non es das persoas qu...
12/02/2025

recoBENdación en galego!!

Tres razóns para convencerte:

- Capítulos moi curtos. Se tes pouco tempo e non es das persoas que son capaces de deixar un capítulo a medias, esta novela é perfecta para ti. Áxil, moi áxil.
- Trama simple. Se ben é certo que a historia non destaca precisamente pola súa orixinalidade, o certo é que non lle resta atractivo se queres ler algo rápido e entretido.
- Estilo sinxelo. Se che costa ler en galego porque ás veces a linguaxe se che pode facer algo farragosa, dálle unha oportunidade. Portabales escribe con lixeireza, sen descricións, desenvolvendo a trama a través das interrelacións entre os personaxes e cunha trama moi fácil de seguir.

NOTA DE LIBREIRA: 7

03/02/2025
Ideas para tardes chuviosas...
01/02/2025

Ideas para tardes chuviosas...

Chegou o momento de despedir o 2024. Un ano de FELICIDADE para min pola chegada de Loaira, de adaptarme a este reto que ...
31/12/2024

Chegou o momento de despedir o 2024. Un ano de FELICIDADE para min pola chegada de Loaira, de adaptarme a este reto que supón a maternidade e a aprender a relativizar os agobios e as inquedanzas a través dos seus sorrisos e aprendizaxes.

GRAZAS a tod@s que formades parte desta aventura. Aos que confiastes, regalastes e recomendastes lecturas, porque pese a todos os tropezos e sinsabores, ser libreira é ter a enorme sorte de entrar un pouco no corazón da xente a través dos libros que recomendo, que gozo e que comparto.

BO ANO 2025 E FELICES LECTURAS!! Vémonos nas librarías!

Dirección

Rúa Faustino Rey Romero, 7 Baixo
Rianjo
15920

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Librería Papelería Ben - Rianxo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Librería Papelería Ben - Rianxo:

Compartir

Categoría