Libraría Paz

Llamar Cómo llegar Página web

Libraría Paz En Pontevedra desde 1967 Libraría Paz, fundada en 1967 por Dolores García e Isidro Paz, naceu como unha gran papelería que tiña un pequeno recanto de libros.

Cos anos, os libros foron ocupando máis e máis espazo ata converterse nunha das librarías de referencia da cidade especializándose tamén en banda deseñada desde 1989.

No noso convencemento das librarías como lugares de encontro e dinamización cultural creamos diferentes programacións que achegasen ao público as novidades literarias e musicais e tamén eses libros publicados hai tempo que seguen merecendo protagonismo.
Ademais das presentacións e encontros con autores/as estas son as actividades que programamos:

** Vermú entre libros, conversa con escritores/as centrada na súa obra máis recente mentras tomamos un vermú.

** Teñamos a poesía en Paz, conversacións con tres poetas que nos presentan os seus últimos traballos estean ou non publicados.

** Músicas en Paz, é un pequeno formato de concerto onde as/os artistas presentan o seu traballo musical.

** Enfiando lecturas, é unha proposta ás editoriais na que nos presentan as súas liñas editoriais e algunhas das obras recentes coa presenza de varias autoras/es.

** Libros do trinque, conversas de pequeno formato con escritoras/es nas que falan do seu libro recén publicado polo que aínda non foi posible lelo.

Todo isto acontece no noso 'faiado cultural' e noutras celebracións que facemos noutros lugares da cidade.

este venres Iago Fernández e Damián Gómez Figueiras presentan NIXX 📚 acompañados de Kiko da Silva 📚 retranca.editora
16/11/2026

este venres Iago Fernández e Damián Gómez Figueiras presentan NIXX 📚 acompañados de Kiko da Silva 📚 retranca.editora

Este sábado recibimos a Bibiana Candia 💙 para non perder!  Editorial Alfaguara
16/11/2026

Este sábado recibimos a Bibiana Candia 💙 para non perder! Editorial Alfaguara

Teñamos a Poesía en Paz con Andre Ai Lalá acompañada de Silvia Penas Estévez 📚📚📚
12/11/2026

Teñamos a Poesía en Paz con Andre Ai Lalá acompañada de Silvia Penas Estévez 📚📚📚

Mañá, mércores día 11, Paz e Mononoke faremos folga. Pecharemos todo o día. Vémonos o xoves 📚📚
10/11/2026

Mañá, mércores día 11, Paz e Mononoke faremos folga. Pecharemos todo o día.
Vémonos o xoves 📚📚

o martes 17 recibimos a Xosé Monteagudo 📚 presenta a súa última novela 💙 Xerais
10/11/2026

o martes 17 recibimos a Xosé Monteagudo 📚 presenta a súa última novela 💙 Xerais

09/11/2026

nova sesión da ILLA DOS CONTOS 🌴📚xoves 12 de novembro ás 18h 🧸 celebramos o día das librarías 💙 pasa pola libraría para anotar ao teu peque ou manda unha mensaxe por aquí 💙

velaquí a nosa programación de novembro 🍂💙 un mes fermoso para refuxiarse nos libros 📚
05/11/2026

velaquí a nosa programación de novembro 🍂💙 un mes fermoso para refuxiarse nos libros 📚

10 novidades para entrar en novembro 🍂📚📚📚💌
03/11/2026

10 novidades para entrar en novembro 🍂📚📚📚💌

este sábado ás 12:30  💙 presenta Boundaries Road con Estela Gómez 📚📚📚 Xerais
02/11/2026

este sábado ás 12:30 💙 presenta Boundaries Road con Estela Gómez 📚📚📚 Xerais

10 libriños para celebrar a mellor estación: o outono 🍂📚🌰🐻
02/11/2026

10 libriños para celebrar a mellor estación: o outono 🍂📚🌰🐻

Dirección

Peregrina, 29
Pontevedra
36001

Horario de apertura

Lunes 09:30 - 20:30
Martes 09:30 - 20:30
Miércoles 09:30 - 20:30
Jueves 09:30 - 20:30
Viernes 09:30 - 20:30
Sábado 10:00 - 14:00

Teléfono

+34986860471

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Libraría Paz publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Tiendas cercanos