Libreria Eixo

Libreria Eixo Un espazo para a palabra, a imaxe, a música, a arte, a cultura.O fogar no que se cobixan os libros. Eixo, a túa librería en Ourense.

O sábado pasado deixamos presentado, e moi ben presentado, o -de momento- último libro da nosa querida .doallo e non poi...
07/06/2026

O sábado pasado deixamos presentado, e moi ben presentado, o -de momento- último libro da nosa querida .doallo e non poidemos ter mellor peche de temporada na 💝

ASTRALISTORIA, co que Rita acadou o Premio Simbad para o recordo e o Alzhéimer nesta último edición, é un fermosísimo relato que une creatividade memoria, infancia e compromiso social arredor do alzhéimer.

Con textos de Rita, ilustracións de outra gran amiga de Eixo, está editado por así que na sua representación o sábado tamén tivemos tamen con nós a . Despois de falar do libro, rematamos a mañaciña cun chulísimo taller de pulseiras✨️

Moitas grazas a todas e todos por vir, de verdade que é un luxo poder encher a de chuladas como ASTRALISTORIA. Se inda non o tedes, aquí vos agarda✨️♥️

Hai libros que retratan unha época. E hai libros que a cambian. Hai cincuenta anos, Ferrín publicou un deles.Para celebr...
04/06/2026

Hai libros que retratan unha época. E hai libros que a cambian. Hai cincuenta anos, Ferrín publicou un deles.

Para celebrar a publicación de CON PÓLVORA E MAGNOLIAS , Alvarellos saca agora unha fermosísima edición facsimilar, unha réplica da orixinal que recupera non só os poemas, senón tamén o obxecto que os levou ao encontro dos seus primeiros lectores: un libro que, coa súa voz insubmisa e a súa radical novidade estética, marcou un antes e un despois na poesía galega contemporánea.

A historia da súa creación ten algo de aventura literaria. Ferrín contou que o libro foi tomando forma na Compostela de 1976, coa idea de reunir poemas que foran aparecendo dispersos en revistas, moitas delas editadas fóra de Galicia. Nun país onde a poesía galega apenas atopaba espazos de difusión e lectura, a publicación do volume era tamén unha declaración de principios.

Todo nel falaba dun tempo novo: o deseño (Luís Mariño), a edición (Carlos Delgado... impreso en Gráficas Minerva, en Santiago, o libro naceu coa humildade material e a ambición estética das obras destinadas a perdurar: papel alba, do de envolver, unha inconfundible tinta lila e unha factura deliberadamente austera que reforzaba o seu carácter libre, case clandestino, en plena época de ruptura política e cultural.

Financiado polo propio autor e incorporado ao selo Rompente, o libro converteuse ademais nun fito editorial ao ser a primeira publicación independente que apareceu en Galicia sen pasar pola consulta previa «voluntaria» que aínda pesaba sobre editores e autores.

Medio século despois, aquela edición que desafiou convencións e abriu horizontes regresa permitindo descubrir —ou redescubrir— unha das obras fundamentais da literatura galega do século XX e devolvendo aos lectores aquela peza esencial da nosa literatura coa mesma forza e frescura da súa aparición.

CON PÓLVORA E MAGNOLIAS: Poucos libros poden presumir de ter revolucionado unha literatura. Hai 50 anos Ferrín publicou un deles.

Vide comprobalo💙






Ampliamos axenda...o martes 9 de xuño ás 19,30 somos OUFF · Ourense Film Festival!! ✨️✨️✨️EL UNIVERSO DE MARILYN MONROE....
04/06/2026

Ampliamos axenda...o martes 9 de xuño ás 19,30 somos OUFF · Ourense Film Festival!! ✨️✨️✨️

EL UNIVERSO DE MARILYN MONROE.

Anotade! 🎬

O universo de Marilyn Monroe chega ao OUFF 31! 🎬🌟

No ano en que se celebra o centenario do nacemento deste mito eterno, viaxamos ao Hollywood clásico para renderlle a homenaxe que merece.

Presentamos o noso segundo encontro literario co libro ‘El universo de Marilyn Monroe’. Contaremos coa presenza do xornalista e historiador cinematográfico Jaime Iglesias Gamboa, un dos autores do libro, quen nos ofrecerá unha visión completa sobre esta gran icona do cine.

¡Anota a cita!
📅 Martes, 9 de xuño.
🕖 19:30 h
📍 Libraría Eixo.
🎟️ Entrada libre ata completar o aforo.

Agardámoste para compartir o noso amor polo cine clásico! 🍿👏 Etiqueta ao amigx co que virás!

🤝 O OUFF conta coa , , , , .

"Temblaba el mes de junio como una mariposa" escribiu Pablo Neruda🦋Nós dabamos por despedida a temporada de eventos co r...
01/06/2026

"Temblaba el mes de junio como una mariposa" escribiu Pablo Neruda🦋

Nós dabamos por despedida a temporada de eventos co remate de maio; pero xuño negouse firmemente, leva tempo batindo alas azuis de bolboreta.

Así que, tomade nota:

🦋 Xoves día 4/19,30 h, presentación de LA IRA DE LOS MANSOS, de Manuel Esteban. Foi tal o éxito no seu día das aventuras do inspector Manso en galego que agora, tempo despois, da o salto ao castelán da man de NdeNovela nun volume que recolle as dúas primeiras aventuras. Acompañando ao autor estará o tamén escritor ourensán Óscar Manuel Guzmán.

🦋 Un ano máis Eixo volve colaborar co OUFF – OURENSE FILM FESTIVAL acollendo un dos ENCONTROS LITERARIOS DE CINE. Celebrando o centenario do seu nacemento presentamos o libro EL UNIVERSO DE MARILYN MONROE, no que un grupo de expertos analiza todos os seus films, compañeiros de reparto, directores, filias, fobias…todas as constantes da súa vida e obra. Será o martes día 9 de xuño ás 19,30 e contaremos coa asistencia de JAIME IGLESIAS GAMBOA, un dos autores do libro que nos falará da vida e obra do mito máis grande da historia do cine.

🦋 O Mércores 10 ás 19,30 acolleremos a presentación da flamante novela de Isaac Pedrouzo ( xa a cuarta). Titúlase "DAVID Y CLAUDIA", e xira arredor dunha historia de música ou, o que é o mesmo, de amor. Falándonos dela a carón de Isaac estará tamén Xoan Tallón. Está editada por Plasson e Bartleboom.

🦋 O xoves 11, tamén ás 19,30 teremos a Azahara Palomeque, escritora nada nun Sur intencionadamente indefinido e fronterizo, que nos presentará PUEBLO BLANCO AZUL unha novela na que adquiren un papel fundamental a memoria, o duelo e as paisaxes do campo andaluz. Edita Cabaret Voltaire.

🦋 O mércores 17 ás 20,00 h haberá reunión dos arredor dun clásico de clásicos; desmenuzaremos FRANKENSTEIN, de Mary Shelley.

🦋 E ata xullo pospoñemos a cuarta e última sesión do ese noso xeito de ler despacio. Será o venres 3 de xullo, cando lendo os seus últimos capítulos, rematemos OLVIDADO REY GUDÚ, de Ana María Matute.

Esas son, polo momento, as actividades coas que pechamos temporada ata rematar o verán.

Descansamos, que boa falta nos fai...e, como na nosa pizarra só cabe un resumo, deixámosvos toda a información na web; veña, botádelle un ollo👁.



"Todas las mujeres de un pueblo perdido en las montañas experimentan una extraña calentura y, una noche, sintiéndose lla...
30/05/2026

"Todas las mujeres de un pueblo perdido en las montañas experimentan una extraña calentura y, una noche, sintiéndose llamadas por dios, se escapan de sus casas y sus maridos para regresar a la mañana siguiente recubiertas de un polvo dorado y embarazadas. Todas afirman ser la madre del nuevo mesías.
Así comienza La piel hembra, la obra más ambiciosa de Elaine Vilar Madruga, que despliega un universo propio, donde lo fantástico y lo inquietante se entrelazan con un lirismo intenso y una rabia latente.
Una epopeya contemporánea descomunal que cuestiona todos los roles sociales y el poder establecido, así como aporta una nueva visión sobre los conceptos de identidad, memoria, fe, patria o muerte." (Sinopsis)

Feliz con LA PIEL HEMBRA de la inconmensurable Elaine Vilar Madruga entre las manos. Tiene por portada una impactante ilustración del también egregio Ryan Heshka y está editado por la "grandiosa, ínclita y circunspicua" Editorial Barret😉♥️

Estamos excesivos en todo, lo sabemos, pero, que queréis que os digamos, todo lo que escribe Elaine nos parece superlativo...lo dicho, feliz como una perdiz🐦




De cine e de palabras; de tecnoloxías, de Bach, de silencios; de rodaxes, de música, de Steinbeck e mesmo da dificultade...
29/05/2026

De cine e de palabras; de tecnoloxías, de Bach, de silencios; de rodaxes, de música, de Steinbeck e mesmo da dificultade de rodar esceas de s**o; da saude do audiovisual galego, de cans, de literatura e cómo non, de emocións...De todo iso e moito máis falamos na tardiña do mércores en Eixo con Damián Guede e Teresa Grande na presentación de CATRO VIAXES DE ELENA FAHLBUSCH; grazas por tan cinematográfica e interesante conversa.

Para quen non poido asistir, aquí vos agarda; entraredes nunha orixinal historia que narra como, no medio do caos dunha rodaxes e os ecos do pasado, a filmación dunha película convértese no espello onde conflúen a madureza, a paternidade e os dilemas do mundo contemporáneo.





Mayo se resiste a irse por mucho que junio esté loco por entrar...aún es mayo y mirad todo lo bueno (y especial) nos que...
27/05/2026

Mayo se resiste a irse por mucho que junio esté loco por entrar...aún es mayo y mirad todo lo bueno (y especial) nos queda por ofreceros en Eixo; además de la presentación de la nueva novela de Damián G. Otero hoy miércoles, CATRO VIAXES DE ELENA FAHLBUSCH, y de ASTRALISTORIA, el reciente libro de Rita Doallo galardonado con el IV PREMIO SIMBAD PARA O RECORDO E O ALZHÉIMER, que será el sábado 30 a las 12,00, resulta que tenemos la presentación de AMARGA la primera novela de Julia Gebhard Diharce...y esta, premitídnoslo, es algo especial; Julia es parte de Eixo, Julia es Destriper, así que no sabemos cómo contendremos la emoción al presentarla, es este jueves 28 a las 19,30 y no podemos estar más ilusionados...

¿Cómo vamos a dar paso a junio cuando queda tanto y tan bueno por venir de un mayo inolvidable?🥹 ya sabéis, hoy, mañana y el sábado....acceded a la web, tenéis toda la información
https://libreriaeixo.com/events_calendar/

  de Nerea Pallares foi o libro que lemos os   na sesión de maio, rodeadas de encaixes, palillos e mesmo cojin de palill...
24/05/2026

de Nerea Pallares foi o libro que lemos os na sesión de maio, rodeadas de encaixes, palillos e mesmo cojin de palillar. Grazas, Marina 🕸💙🕸

Pese a que na foto de grupo saímos poucas, a reunión do mércores foi moi concurrida: 18 destripers entregadas a defender cadansúa opinión, despois de que un Marcos lucido fixera unha magnífica ponencia na que amáis de falar do libro, de reivindicar a literatura galega e de ilustrarnos con documentación sobor da fermosa e difícil arte de palillar, sorprendéunos cun vídeo que nos fixo moitísima ilusión. Mil grazas, Nerea, polo video e por un libro que rezuma mitoloxía -con deidades case arácnidas-; por un libro cheo de imáxes plenas de mar, furia e dor; por un libro que é, máis ca nada, indiscutible e irreductible sororidade 💜

Coma sempre houbo opinións que se complementaron, outras reafirmáronse entre sí e algunhas ( a unanimidade neste grupo é case unha ilusión...) deron lugar a vivos debates.

Pero qué ben nos senta aos destripers xuntarnos arredor dun libro! Sempre saímos enchidos, contentos e con ganas de máis...desta vez tamén levamos para a casa (as máis tardonas agardamos ata a media noite) a fermosa idea de que mover os palillos pode ser mover o mundo...

Á espera da seguinte, que xirará nin máis nin menos que arredor de Frankenstein (casi nada) esta foi, impregnada dunha mistura de aromas procedentes de Camariñas e mesmo da Grecia clásica, a última e fantástica reunión dos non menos Destripalibros de Eixo. Ese club🔥




  2026  Gozoso Día das Letras para todas e todos: se vos achegades a Eixo mañá luns, farémosvos no libro en galego un 10...
17/05/2026

2026

Gozoso Día das Letras para todas e todos: se vos achegades a Eixo mañá luns, farémosvos no libro en galego un 10% de desconto!!! ✨️💙✨️💙

Pero amáis, e en canto a alimento para a alma, decidimos celebrar o 17 faciltándovos 17 suxerencias elexidas polos nosos clientes e amigos para este día; a primeira é a magnífica CIRCE OU O PRACER DO AZUL da propia Begoña Camaño e as seguintes son todas elas boísimas suxerencias en feminino: todas elas obras escritas por autoras que se achegaron a Eixo presentalas.

Así que, amigas e amigos, no 2026 o 17 de maio adicado a Begoña Camaño, en Eixo celebramos as letras galegas femininas💜. Dezasete propostas de dezasete autoras coma dezasete soles.☀️

E lembrade: todos, todiños os dias do ano son Día das Letras Galegas 💙



😉🙏😘doallo
.souto @arantzaportabales

Dirección

Calle Cardenal Quevedo, 36 Bajo
Orense
32004

Horario de Apertura

Lunes 09:30 - 13:30
16:30 - 20:30
Martes 09:30 - 13:30
16:30 - 20:30
Miércoles 09:30 - 13:30
16:30 - 20:30
Jueves 09:30 - 13:30
16:30 - 20:30
Viernes 09:30 - 13:30
16:30 - 20:30
Sábado 10:30 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Libreria Eixo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Libreria Eixo:

Compartir

Categoría