02/12/2025
Ola, son Almudena, creadora de , un proxecto de artesanía téxtil onde exploro as plantas silvestres, as flores de cultivo propio e os residuos vexetais de agricultores locais para extraer os pigmentos que dan cor. Así tíño xerseis, mantas, calcetíns e accesorios elaborados con 100% la merina procedente de rabaños trashumantes nacionais.
Este proxecto é un proceso colectivo entre artesanía, pastoreo, agricultura e memoria téxtil. Unha forma de crear desde o que nos rodea: la que nace no territorio, fiada e tecida en pequenos obradoiros, e tinguid[a] a man no meu atelier en Galicia. Cada peza é o resultado dun proceso lento, honesto e profundamente conectado coa paisaxe.
Todo comezou como unha investigación: ¿que historias poden contarnos as plantas cando as escoitamos?
Descubrimos que o cotián —unha folla, unha raíz, unha casca dun froito que antes se consideraba refugallo— podía converterse en cor. E que esa cor, viva e cambiante, podía dotar á roupa dunha pulsación natural.
O tinguido botánico é imprevisible. Non busca a perfección uniforme, senón o carácter. A auga revela matices, o pigmento aséntase de forma distinta en cada fibra e o que xorde é irrepetible. Así, cada prenda é única, como o é cada estación ou cada colleita.
Fronte aos tintes industriais —cargados de petroquímicos, substancias tóxicas e metais pesados— propoñemos unha cor que coida: só plantas, cascas, flores e sales minerais. Nada máis. Nada que dane a pel, a auga, nin a Natureza.
O noso principio sempre foi a sustentabilidade real: crear pezas duradeiras, sen xénero, atemporais. Pezas que poidan herdarse, acompañar vidas e volver á terra sen deixar pegada tóxica.
Nun mundo acelerado, escollemos volver mirar os procesos manuais, reivindicar o que require tempo e recuperar o vínculo coa materia.
O tinguid[o] vexetal non é só unha técnica: é un xesto ancestral, un ritual de conexión entre o corpo e a natureza. Unha forma de vestir que respira e que nos lembra de onde veñen as cousas.
WWW.MATERIA–BOTANICA.COM