Xaneco Obradoiro de Instrumentos Musicais

Xaneco Obradoiro de Instrumentos Musicais Os instrumentos que se fan no Obradoiro son os de percusión tradicional galega e as zanfonas.

Entro en contacto coa música tradicional galega nos anos oitenta, na Asociación cultural de Outeiro de Rei. É aquí onde comezo a aprendizaxe como percusionista de xeito autodidacta. Dende entón xa non me puiden apartar do universo da Música Tradicional . O que comezou sendo unha afición apaixoante, foise convertendo pouco a pouco e case sen me dar conta na miña vida profesional. O meu Pai aprendeu

me o oficio de carpinteiro-ebanista dende rapaz, o que me posibilitou coñecer as técnicas e manexo de ferramentas para traballar a madeira. Esto facilitóume moito as cousas cando decidín facer o meu primeiro tambor nos anos 90 do pasado século, movido pola curiosidade e o reto de ser capaz de facer o meu proprio instrumento. O feito de coñecer a algún artesán de instrumentos na miña xuventude, posibelmente contribuiu a ver este oficio como unha alternativa profesional. Seguín coa afición estudando tambores vellos e antigos, lendo libros e tratados sobre a percusión, para tratar de entender cales son as variables que influen no resultado final dun instrumento, mais tamén continuando a facer instrumentos, coa intención de aportar unha mellora, tanto estética como acústica, á percusión Galega. Cando me quixen dar conta , xa tiña unha listaxe de encomendas que me fixo plantexarme a posibilidade de que podía adicarme profesionalmente ao oficio de luthier.

É así como no ano 1996 comezo a miña actividade comercial, ao mesmo tempo que continúo formándome na construcción de outros instrumentos como a zanfona. No ano 1995 entro en contacto coa zanfona, facendo un curso de iniciación para aprender a tocala, que organizou á Asociación de Gaiteiros Galegos en Lugo, e que impartiu Laurent Tixier, a partir desa data comecei a recoller información arredor do instrumento, a través de bibliografía, artigos, conversas……. Despois tiven a oportunidade de facer un cursiño no Obradoiro da Deputación de Lugo, pero sen dúbida o que máis me axudou a facer a primeira zanfona foi a colaboración desinteresada que me prestou o Luthier Xermán Arias, de Sarria, que se prestou a que fixera a miña primeira zanfona no seu obradoiro, indicándome os pasos que el seguía para facelas e aprendéndome as técnicas de lutheria que el aplica para a súa construcción. Mais adiante coñecín a Jesús Reolid, e tiven a oportunidade de asistir a unhas xornadas de fin de semana, en Ávila onde este impartíu e compartíu os seus coñecementos na construción de zanfonas, con varios artesáns que fomos alí dende Galiza. Xa van aló unhos cantos anos facendo instrumentos, sempre evolucionando e incorporando novas técnicas e materiais, co mesmo obxectivo, que os instrumentos musicais que empregamos na nosa música tradicional acaden o mais alto nivel de elaboración, conquerindo así a mesma consideración que calquer outro instrumento clásico. A constante labor de estudo e investigación dos instrumentos antigos, a formación en técnicas de luthería, xunto co permanente contacto cos músicos e músicas no noso País, permítenme estar continuamente mellorando o produto. Neste ano de 2014 tiven a fortuna de gañar o prestixioso premio de Artesanía de Galicia, ANTÓN FRAGUAS, na súa X edición, organizado pola Deputación d’A Coruña, coa obra “Carneifona”. Sigo tan apaixoado como cando comecei sendo un rapaz, por un oficio que non só me permite viver facendo virutas(que diría meu Pai), senón que tamén podo contribuir dalgún xeito, nunha actividade tan relacionada coa cultura tradicional, á normalización da Cultura Galega na nosa sociedade actual, facendo posíbel que sobreviva nestes tempos tan aniquiladores da nosa realidade cultural.

Pandeireta de nogueira, parche sintético Dorotea, ferreñas lacadas feitas a mau
16/05/2026

Pandeireta de nogueira, parche sintético Dorotea, ferreñas lacadas feitas a mau

30/10/2025
18/10/2025
Pandeireta de nogueira con sistema de tensión do parche
06/09/2025

Pandeireta de nogueira con sistema de tensión do parche

Tambor de nogueira negra, batedores de granadillo, regulador de armónicos e corda tinguida de negro
23/06/2025

Tambor de nogueira negra, batedores de granadillo, regulador de armónicos e corda tinguida de negro

27/05/2025

🥁 Xaneco Obradoiro de Instrumentos Musicais, un Luthier cunha traxectoria de máis de 30 anos e tamén membro da Asociación de Obradoiros Artesáns da Terra Cha, sempre con nós!

17/03/2025

Hace más de tres décadas que Xoán Manuel Tubío apostó por ser músico y luthier. Las zanfoñas y otros instrumentos tradicionales que salen de su taller Xaneco, en Outeiro de Rei, ganan premios y prestigio a través de las manos de este reconocido artesano

Bombo de nogueira con sistema de apagado de armónicos
06/03/2025

Bombo de nogueira con sistema de apagado de armónicos

Nesta nogueira dixéronme que se  deitarara un lobo, collín a ferramenta e efectivamente o lobo deixara unha pegada. Enco...
17/02/2025

Nesta nogueira dixéronme que se deitarara un lobo, collín a ferramenta e efectivamente o lobo deixara unha pegada. Encomendas que presta facer...

19/01/2025

Mais uma presença vinda da Galiza!

MON(s)TRA LUTHIERS ASMUSITEC, dias 22 e 23 de Fevereiro, no Conservatório de Música de Coimbra!!

Xaneco Tubío








Dirección

Abeladoira, 1. San Fiz De Paz. Outeiro De Rei
Lugo
27153

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 17:00
Martes 09:00 - 17:00
Miércoles 09:00 - 17:00
Jueves 09:00 - 17:00
Viernes 09:00 - 17:00

Teléfono

+34982393278

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Xaneco Obradoiro de Instrumentos Musicais publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Xaneco Obradoiro de Instrumentos Musicais:

Compartir