Valín Libros

Valín Libros libreria valinlibros

09/06/2026
07/06/2026

Este finde cambiei os libros polos coches. Despois de 40 anos. Volvin ao slot (escalextric). E bon volver encotrarse cos "bellos" amigos

Xa chega o Arde Lucus
05/06/2026

Xa chega o Arde Lucus

Valín Libros presentará o 23 de maio en Letras no Campo o libro Antonio Correa Fernández, O Mineiro, cun amplo estudo so...
18/05/2026

Valín Libros presentará o 23 de maio en Letras no Campo o libro Antonio Correa Fernández, O Mineiro, cun amplo estudo sobre o ferrocarril Ribadeo-Viloudriz

A editorial Valín Libros presentará en Ribadeo o próximo sábado, día 23, o libro Antonio Correa Fernández, O Mineiro, que leva por subtítulo Minas, ferrocarrís e outras estruturas mineiras en Lugo.

Día: 23 de maio

Hora:11.30

Lugar: Sala de exposicións do Campo de San Francisco.

Intervirán: Martín Fernández Vizoso, xornalista e historiador, e Xosé Manuel Valín Barreiro, editor (Valín Libros) e libreiro.

O libro inclúe un interesante estudo sobre o ferrocarril Ribadeo-Viloudriz, no que, entre outras cousas, indícase que na Gaceta de Madrid do 18 de maio de 1900 publicouse a autorización “(...) al Gobierno para otorgar a la Sociedad Minera de Villaodriz la concesión de un ferrocarril de vía estrecha que, partiendo de Puente Nuevo, Ayuntamiento de Villaodriz, sobre el río Eo, provincia de Lugo, termine en un cargadero metálico para embarque de minerales de hierro en el pueblo llamado Puerto Estrecho, al Norte de Ribadeo (...)”.

O libro recolle a obra de Correa e José María Carracedo Vilanova Minas da provincia e ferrocarrís máis económicos para a súa explotación (1901). Incorpora estudos de Francisco L. Boluda Barreiro (Ourense, 1961), ilustrador, investigador, divulgador e escritor; Manuel A. Hernández Villarino (Ourense, 1960), informático e apaixonado do ferrocarril; Manuel Lara Coira (Ferrol, 1950), enxeñeiro industrial, presidente de Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial; José Carlos Pardo Álvarez (A Pontenova-Lugo, 1976), responsable técnico da Oficina Turística da Pontenova; Xosé Manuel Valín Barreiro (San Salvador de Outeiro-Lugo, 1966), libreiro, escritor e editor.

Algúns datos sobre Antonio Correa

Antonio Correa Fernández nace en 1862, na casa de “Correa da Pena”, en Penarrubia (Baralla), fillo de Andrés Correa e Teresa Fernández, que morren sendo el un neno. Queda ao coidado do seu tío Antonio Correa, que era párroco de Furís (Castroverde). El preocúpase do seu ensino, pagándolle os estudos medios e universitarios. Antonio estuda o bacharelato en Lugo e licénciase en Medicina en Santiago en 1888. Comeza a exercer como médico rural en Furís (Castroverde), en 1889. En Madrid acaba o doutoramento, coa tese Hospitalización dos tísicos ou tuberculosos pulmonares, publicada en1891. Tras exercer como médico en Furís (Castroverde), instálase en Lugo. Hai constancia de que en 1899 pasa consulta en Lugo e atende de modo gratuíto aos máis desfavorecidos economicamente.

En 1906 é nomeado Subdelegado de Medicina no partido xudicial de Lugo, pero non era a medicina o seu único interese; unha das súas grandes afeccións foi a minería, o que o leva a dedicarse a buscar minas pola provincia, sobre todo en Neira de Xusá, hoxe Baralla. Rexistrou máis de 40, segundo os documentos que a familia cedeu para estudar este apartado da súa vida, que lle deu máis desgustos, segundo parece, que beneficios, ata o punto de que, con ela, arruinouse.

Publicou, xunto a José María Carracedo Vilanova, Minas da provincia e ferrocarrís máis económicos para a súa explotación (1901). Antonio Correa foi tamén xornalista e escribiu sobre outros campos. O seu libro máis coñecido é Historia de fin de siglo. Descripción histórico-geográfica de la provincia de Lugo, publicado recentemente en edición facsímile por Valín Libros.

16/05/2026

Dirección

San Roque 32 Bajo
Lugo
27002

Horario de Apertura

Lunes 11:00 - 13:00
16:30 - 20:00
Martes 11:00 - 13:00
16:30 - 20:00
Miércoles 11:00 - 13:00
16:30 - 20:00
Jueves 11:00 - 13:00
16:30 - 20:00
Viernes 11:00 - 13:00
16:30 - 19:00

Teléfono

+34670368213

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Valín Libros publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Valín Libros:

Compartir

Categoría