Tenda Cultural Caldiae

Tenda Cultural Caldiae Dispoñemos de libros, CDs e Vinilos de múltiple xénero e estilo. Achégate a coñecernos!

20/07/2024

🎥 Aquí tedes a programación desta semana🎥
🛎Contamos con dúas novas estreas🛎
▶️ SIMPLE COMO SYLVAIN
▶️ TRES CORES: BRANCO

13/05/2023
Achégase o 17 de maio, Día das Letras Galegas, e dende Tenda Cultural Caldiae queremos celebralo convosco.Por iso o vind...
13/05/2023

Achégase o 17 de maio, Día das Letras Galegas, e dende Tenda Cultural Caldiae queremos celebralo convosco.

Por iso o vindeiro mércores, no noso horario de apertura habitual, vos animamos a agasallarvos con algunha lectura en galego. Teredes un 10% de desconto en todas elas.

Animádevos a ler, animádevos a vir!

Xa tedes feita vosa lista das novas lecturas coas que celebrar o Día do Libro?Dende Tenda Cultural Caldiae vos informamo...
22/04/2023

Xa tedes feita vosa lista das novas lecturas coas que celebrar o Día do Libro?

Dende Tenda Cultural Caldiae vos informamos de que este domingo teredes un desconto do 10% aplicable a tódolos libros!

Con motivo de celebrar o Día Internacional do Libro, este domingo 23 de abril Tenda Cultural Caldiae abre as súas portas...
20/04/2023

Con motivo de celebrar o Día Internacional do Libro, este domingo 23 de abril Tenda Cultural Caldiae abre as súas portas no horario habitual.

Animádevos a vir, animádevos a ler!

́adellibro

O domingo 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro. Pois foi nesa data, mais do 1616, cando faleceron tres imp...
18/04/2023

O domingo 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro. Pois foi nesa data, mais do 1616, cando faleceron tres importantes figuras da historia das humanidades: o autor Miguel de Cervantes, o escritor e historiador -que non o poeta- Inca Garcilaso de la Vega e o dramaturgo William Shakespeare.

Durante esta semana, dende Tenda Cultural Caldiae vos animamos a significarvos cun agasallo. Para vós, para os pequenos da casa, para algún bo amigo, para os seres queridos: achegádevos a por un libro!

Nos próximos días iremos subindo, ao noso perfil de Instagram, recomendacións lectoras, para tódolos públicos, dispoñibles en tenda. Agardamos sexan do voso interese!

Tal e como adiantamos fai uns días, mañá celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.Dende Tenda Cultural ...
01/04/2023

Tal e como adiantamos fai uns días, mañá celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.

Dende Tenda Cultural Caldiae parécenos unha excusa máis que boa para que vos animedes a regalar lecturas. Experiencias que ao comezo esperten curiosidade; que logo poidan tornarse en emoción, ao longo dos capítulos en diversión, cos anos en lembranzas felices e, por último, nun necesario hábito e altas doses de aprendizaxe.

Ler ese esperado conto antes de durmir, participar na aprendizaxe básica dos primeiros lectores, ou animar a pasalo tempo entre verbas e coloridas ilustracións a nenos e adolescentes, sempre vai supoñer unha boa inversión!

Dito isto, compartimos convosco outra tanda de recomendacións para o público infantil e xuvenil, as cales consideramos de interese literario, estético e pedagóxico, ao tempo que susceptibles de triunfar a ollos dos esixentes cativos.

Dende o ano 2009, o 31 de marzo vai asociado ao Día Internacional da Visibilidade Transxénero. Coa excusa desta data, vo...
31/03/2023

Dende o ano 2009, o 31 de marzo vai asociado ao Día Internacional da Visibilidade Transxénero.

Coa excusa desta data, vos propoñemos a lectura de "Enigma", novela autobiográfica, escrita na década de 1970 por Jan Morris (1926-2020).

É considerada unha das primeiras novelas modernas que tratan o tema da transexualidade, non só facendo gala dunha prosa coidada, lúcida e directa, con pinceladas de fina ironía, senon alcanzando un estilo sensiblemente literario.

A maiores de cuestións de xénero, moitos dos que coñezan o gusto polas viaxes e a investigación desta escritora británica, coincidirán en que tivo unha vida tan "movida" coma interesante. Pois estamos ante unha autora que foi tamén periodista, historiadora, militar e mesmo corresponsal de guerra.

Todo este periplo existencial queda, nas súas diversas dimensións e formas, reflectido nunha obra que non só pretende achegarnos a realidades concretas, senon que consegue (re)abrirnos unha ventá a sentires universais.

Entre as novidades para lectores de maior idade destacamos este ensaio, recentemente editado por Editorial Gustavo Gili:...
30/03/2023

Entre as novidades para lectores de maior idade destacamos este ensaio, recentemente editado por Editorial Gustavo Gili: "Creatividad. Una guía breve y divertida", de John Cleese.

Se temos algún seguidor dos Monty Python na sala; se tedes pendente algún agasallo para lectores tan curiosos coma inxeniosos; ou se buscades incrementalos vosos niveis de creatividade no día a día, de seguro esta lectura vos proporcionará estratexias e trucos fáciles de levar á práctica ao tempo que efectivos.

Trátase dun texto asequible e adecuado para un amplo tipo de lectores, incluido o público adolescente e o sector docente. Isto débese a que nos atopamos ante un texto con fins pedagóxicos, redactado dunha maneira amena e áxil. De feito, a modo de noveliña, o autor vainos introducindo vivencias da súa faceta coma cómico e outras máis persoais, mesmo de cando era estudante.

Vaise construindo, entón, un compendio de reflexións que desligan as nosas habilidades creativas desa visión romántica; a cal limitaba todo inxenio creador ao minoritario mundo das artes.

É tempo de achegala creatividade a outros moitos ámbitos da nosa vida, como o laboral, o familiar, o educativo e mesmo o introspectivo; onde ser creativo pode chegar a ser imprescindíbel.

O vindeiro 2 de abril, coincidindo co nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen (1805-1875), celebrase o Día I...
29/03/2023

O vindeiro 2 de abril, coincidindo co nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen (1805-1875), celebrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.

Aproveitando a data, nos próximos días, compartiremos recomendacións de obriñas xa clásicas entre o público máis novo, así coma outras actuais de interese.

Velaquí algunhas novidades recén chegadas á tenda!

Feliz día a tódolos pais! Con motivo desta data, compartimos convosco unha lectura ideal para ler cos máis pequenos da c...
18/03/2023

Feliz día a tódolos pais!

Con motivo desta data, compartimos convosco unha lectura ideal para ler cos máis pequenos da casa. Trátase do novo traballo de Bea Taboada, autora de "A veces mamá tiene truenos en la cabeza", e o ilustrador César Barceló.

Tal e como deixa entrever o xogo de palabras que conforma o título, "Papá pinta mucho" expón esa importante labor, dedicación e aprendizaxe diaria que conleva ser pai, de paso que trata o tema da conciliación entre o ámbito laboral e o familiar.

Nestes días estase a celebrar a Semana Mundial do Cerebro.Para tal ocasión, dende Tenda Cultural Caldiae, vos compartimo...
16/03/2023

Nestes días estase a celebrar a Semana Mundial do Cerebro.

Para tal ocasión, dende Tenda Cultural Caldiae, vos compartimos algunhas ideas de lecturas e pasatempos que, consideramos, atoparedes interesantes de cara a afondar en cuestións relacionadas co funcionamento do noso cerebro e a moi necesaria exercitación de capacidades como a memoria, a imaxinación ou o razoamento lóxico.

Animádevos a ler, animádevos a vir!

Dirección

Praza Viana Do Castelo, 3/Baixo
Lugo
27003

Horario de Apertura

Miércoles 12:00 - 14:00
17:30 - 20:30
Jueves 12:00 - 14:00
17:30 - 20:30
Viernes 12:00 - 14:00
17:30 - 20:30
Sábado 12:00 - 14:00
17:30 - 20:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Tenda Cultural Caldiae publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría