12/08/2026
Xa está, xa chegou, o evento máis espectacular da natureza.
A nosa recomendación: Ide a un sitio alto, en https://visualizadores.ign.es/eclipses/2026 podedes ver por onde vai acontecer, buscade un sitio cando menos por Arzúa ou Melide (en Melide está o monte mais alto da provincia da Coruña, é un bo lugar).
Nunca miredes directamente ao sol. Usade gafas de eclipse. Nunca miredes por uns prismáticos ou cámara con visor óptico, eso amplifica a luz e un minimo erro e déixavos cegos.
A nosa secuencia recomendada:
- Buscade ese punto alto.
- Localizade o punto no que estades no mapa da IGN.
- Ahí diravos exactamente cando comeza o eclipse parcial, o total, o final do total e o final do parcial.
- Poñedes as gafas mirando ao chan, mirades arriba e ides observando o eclipse parcial.
- Cando esté preto a comelo sol de todo, mirades ao chan, e sacades as gafas. Ahí deixades de mirar o eclipse e cendrádevos en mirar ao horizonte cara o noroeste. Nos últimos intres todo vai cambiar a cores raras e a sombra (a umbra) vai chegar moi de golpe. Se tedes sorte veredes vir a sombra (umbra) a 2 kms/s, un momento abraiante.
- No momento en que se faga noite de todo xa se verán algunhas estrelas, levantades a vista uns segundos e mirades directamente sen gafas para ver a coroa solar. Se estadses con nenos moito coidado aquí, o mellor é que eles xa se poñan as gafas.
- Como sabedes o tempo que durará a fase de eclipse total pola info da IGN, sabedes canto tempo tendes. Os veteranos teñen preparada unha conta regresiva no móvil para ese intre. Dez segundos antes de que o sol volte a aparecer, poñedes as gafas de eclipse de novo. Se non poñedes alarma, mirade a coroa uns segundos e poñede as gafas de inmediato, no total o tempo pasa voando e é moi arriscado estar mirando e que o sol reapareza.
- Mirades o eclipse de novo coas gafas postas e estades moi moi atentos ao intre de reaparecer, ahí podedes ver o anel de diamantes e as perlas de Bailay (o sol dando chispazos entre as montañas da lúa)
- Xa vedes o resto do eclipse parcial coas gafas ata que se vaia poñendo.
Lembrade: nunca prismáticos nin cámaras con visor óptico. Nunca nunca mirar ao sol directamente.