17/07/2026
A librería Bahía de Foz convídavos este mércores 21 de xullo ao ciclo “Contos e conversas”, que contará coa xornalista e escritora Nerea Pallarés, gañadora do Premio García Barros 20225 e o Premio Follas Novas do Libro Galego 2026, na categoría de narrativa, polo seu libro Punto de araña.
Editada por Galaxia, Punto de araña é unha novela mariñeira e coral ambientada en Camariñas, na Costa da Morte. Tecida con voces de tres xeracións de mulleres (palilleiras, redeiras, mariscadoras e traballadoras da conserveira), entrelaza realismo social, memoria colectiva e mitoloxía para reivindicar o papel das mulleres no mar e reflexionar sobre a precariedade do traballo feminino, a sororidade e os coidados.
Esperámosvos!