14/05/2026
🎶✨ LUAR NA LUBRE nas ERMIDAS!🎶✨
E...Repetimos! 🙌
Despois do soldout absoluto do ano pasado, volvemos ao Adro do Santuario das Ermidas cunha cita que une música, patrimonio e territorio 🏛️🌿
A lenda do folk galego celebra os seus 40 ANOS cun concerto único nun dos espazos patrimoniais máis singulares do interior galego.
O concerto está impulsado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo, dentro da súa aposta por descentralizar a oferta cultural e dinamizar destinos de gran valor histórico e paisaxístico.
📅 16 de xullo · 20:00h
📍 Adro do Santuario das Ermidas (O Bolo, Ourense)
Catro décadas convertidas en símbolo do folk galego e europeo: 20 discos, máis de 350.000 exemplares vendidos, 2.500 concertos en 60 países, dous Discos de Ouro, nove Premios da Música e a recente Medalla Castelao 2025 🏅
Compartiron escenario con Mike Oldfield, The Waterboys, The Corrs, Bob Geldof, Víctor Manuel, Luz Casal ou Ismael Serrano. A xira "Lubre: 40 Aniversario" pasa por As Ermidas 🎻🪗
🎟️ Entradas á venda o luns 18 de maio
👉 Ton y Son | Ataquilla.com