04/04/2019
Librería Villar PECHA as súas portas despois de 31 anos, sendo unhas das primeiras en comezar a súa actividade e coincidindo coa oleada de novas librerías en Carballo.
Nas súas estanterías podías atopar libros e papelería.
Este local inaugurouse apostando pola literatura e comprendendo o seu espazo como un punto de encontro cultural.
Despois de 31 anos esta librería ten moito que agradecer, a todas esas persoas que por ela pasaron e depositaron a súa confianza ao longo de tantos anos.
Liquidaremos todo o fondo cun 50% de desconto.
A librería PECHARÁ definitivamente o DOMINGO 30 de XUÑO para dar paso a un novo proxecto.
Despedimonos cun GRACIAS e un ATA SEMPRE!