13/07/2026
Tardamos algo máis do que soemos en publicar as fotos e vídeos da xornada de Entrega de Premios da 14ª edición do Concurso de Micro-relatos de OZOCOgz, mais isto foi o sábado e o domingo tiñamos que estar, si ou si, en Loñoá, na Romaría Etnográfica que organiza dende hai anos Sustinea e, por tanto, non houbo tempo material.
Din que non hai mal que por ben non veña así que velaí vai a reportaxe dunha xornada marabillosa e intensa xa que houbo que mudar a situación do evento pola previsión de choiva e organizala no noso espazo en lugar de na Insua dos Poetas, onde estaba previsto.
Nas fotos e vídeos podedes darvos unha idea de como transcorreu todo así que nós só imos, porque é debido e obrigado, dar as grazas comezando pola xente que acudíu como público.
Por tanto, ficamos, non obrigados, obrigadísimos con:
O gañador, Ramón Caride Ogando e a finalista, Corral Franco.
Isidro Vidal e as nosas queridísimas Ozocoreteiras, cada día máis e mellor, de aquí á fama.
Xabi, de Guezos, gaiteirazo e Rita Doallo, escritora, xurado, música e simpatía de fábrica.
Alba Rodríguez Saavedra, escritora, tradutora, investigadora e, desta xeira, xurado no concurso.
O escritor Xosé Lois García quen acompañou a Ramón Caride na presentación de «Diacrónica» coa lectura de poemas.
E por penúltimo -que non se sintan mal, só porque foron os do concerto do final- os DistiNtos, o grupo de rock formado por Jorge Emilio Boveda, Iván Valcarce "Valkaisser" e Xurxo Bóveda, o baterista, fillo de Jorge, de -115- anos. Por desgraza, ao non podermos estar nun espazo aberto, houbo que prescindir de Xurxo (o baterista) mais ficamos en compromiso de organizarmos un concerto "eléctrico" en breve.
E, por último, obrigadísmos tamén co amigo Felipe Gallego Torrado, o autor das fotografías a quen sempre enleamos.
Desculpade polo "rollo" mais non podía ser doutro xeito e vémonos na 15ª edición.