06/05/2026
'Cóntocho con palabras', de Anxo Otero e Caetano Otero
Chámome Tano porque o meu pai é de Bueu e a miña nai de D-Town, Pennsylvania. Como a miña nai elixiu onde ían vivir, ó meu pai quedoulle o co***lo de poñernos a min e ós meus irmáns Xaquín e Aloia uns nomes que temos que soletrear unhas dez veces cada día.
Como vedes, eu falo galego. O galego é fácil, aínda que non coñezo todas as palabras. Se estamos en Bueu e non sei como dicir algo, o meu pai axúdame e xa está. Ás veces nin el sabe, e entón non me queda outra que deixalas en inglés.
No meu libro explico todo iso e conto como é o meu día a día: os meus homies, os vídeos que vexo, os concertos, os coches que me prestan e os negocios que penso montar algún día. Tamén que non é o mesmo un friend ca un homie, e por que as chancletas son o mellor invento da historia.
O meu pai di que as palabras son importantes, por iso escribiu isto comigo. Eu preferiría facer vídeos, pero en fin. Non está mal tampouco. Cando rematedes o libro, xa podedes vir visitarme. Pero traede chancletas.
ISBN: 978-84-10219-76-2
Páxinas: 120
Rústica con lapelas 140 x 210 mm
PVP: 16 €
Colección Avanzado
+14 anos
https://rinoceronte.gal/sushibooks/produto/contocho-con-palabras/