Airadasletras

Airadasletras Libraría especializada en libro galego, libro infantil e ilustrado. Axenda Ocio-Cultural
Tenda online

Libraría especializada en libro infantil e ilustrado, novela gráfica e banda deseñada, literatura en galego, portugués e castelán, libro de agasallo, música e xoguete didáctico.

En Xunqueira de Ambía podes atopar estas e moitas máis belezas feitas a man, con agarimo e coidado polos detalles.
13/06/2026

En Xunqueira de Ambía podes atopar estas e moitas máis belezas feitas a man, con agarimo e coidado polos detalles.

13/06/2026

🩸 Non perdas este bus. Doa sangue.

A unidade móbil estará en Allariz o xoves 18 de xuño no Campo da Barreira.

🕘 Horario:
• 09:45 - 14:15 h
• 16:00 - 21:00 h

Cada día os hospitais galegos precisan máis de 400 doazóns. Dedica só uns minutos do teu tempo e axuda a salvar vidas.

13/06/2026

📚 PRESENTACIÓN DE LIBRO | "Un equipo para un país"

Este sábado tes unha cita coa cultura e a historia do noso deporte. Convidámoste á presentación do libro "Un equipo para un país: O Celta e a galeguidade", unha obra de Xavier Sánchez Pazos que afonda nos vínculos do club coa nosa identidade.

Organizado por Allariz Celeste coa colaboración do Concello.

📅 Cando? Sábado, 13 de xuño de 2026

🕧 A que hora? 19:30 h

📍 Onde? Casa da Cultura de Allariz

🎟️ Entrada: De balde (evento aberto ao público ata completar aforo)

Non faltes! Agardámoste. 🙌⚽

A V edición do FLAZ está cada vez máis preto e este ano reflexionaremos sobre os límites entre verdade e ficción, os nov...
13/06/2026

A V edición do FLAZ está cada vez máis preto e este ano reflexionaremos sobre os límites entre verdade e ficción, os novos enfoques na literatura actual e os cambios na difusión de libros a través das redes sociais.

Porque sen dúbida ningunha, as redes cambiaron a maneira na que falamos de libros, compartimos lecturas e descubrimos novas voces. Por iso o próximo 3 de xullo, Koldo Concejo Fernández (), colaborador da veterana web de recensións , conversará con Tensi Gesteira () sobre 'A difusión da literatura nas redes: Novas linguaxes e novos obxectivos'.

Concejo participou en antoloxías de microrrelatos. Publica en Un libro al día desde o 2016. Un libro al día é unha das plataformas máis lonxevas nas redes. Leva aberta desde o 2009 e xa publicou máis de 6.300 comentarios de libros.

No Día Internacional de Tecer en Público, xuntémonos no Paseo da Alameda de   🥰🧶🧶🧶
12/06/2026

No Día Internacional de Tecer en Público, xuntémonos no Paseo da Alameda de
🥰🧶🧶🧶

🎼 𝐂𝐎𝐍𝐂𝐄𝐑𝐓𝐎 𝐏𝐎𝐑𝐓𝐀𝐋𝐄𝐍 🎶Dentro do marco das Xornadas de Literatura Fantástica Actual en Linguas Ibéricas (PORTALEN), convid...
11/06/2026

🎼 𝐂𝐎𝐍𝐂𝐄𝐑𝐓𝐎 𝐏𝐎𝐑𝐓𝐀𝐋𝐄𝐍 🎶
Dentro do marco das Xornadas de Literatura Fantástica Actual en Linguas Ibéricas (PORTALEN), convidámoste a g***r dun concerto de música barroca.

✨ As alumnas do Seminário Permanente Officina Utricularii ofrecerán un repertorio excepcional con pezas de grandes compositores clásicos.

📅 Sábado, 13 de xuño de 2026
🕗 Ás 20:00 h
📍 Igrexa de Santiago (Allariz)
🎟️ Entrada: Libre e de balde ata completar a capacidade do recinto. Aberto a todo o público!
------------------------------
✍️ AÍNDA ESTÁS A TEMPO DE INSCRIBIRTE NAS XORNADAS!
Se ademais do concerto queres participar nas conferencias e actividades de PORTALEN, lembra que o prazo de inscrición segue aberto.
📧 Envía un correo electrónico a: 𝐞𝐯𝐞𝐧𝐭𝐨𝐬@𝐟𝐮𝐧𝐝𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐯𝐢𝐜𝐞𝐧𝐭𝐞𝐫𝐢𝐬𝐜𝐨.𝐜𝐨𝐦 e reserva a túa praza.
Non perdas esta viaxe pola música e a literatura fantástica! 🐉✨
Conta co apoio do

O mapa da túa sexualidade — Laura Vega e María Montes (Xerais)Un libro divulgativo, claro e próximo que acompaña na expl...
11/06/2026

O mapa da túa sexualidade — Laura Vega e María Montes (Xerais)
Un libro divulgativo, claro e próximo que acompaña na exploración da súa sexualidade. A través de explicacións sinxelas e ilustracións coidadas, aborda cuestións como o corpo, as emocións, a identidade de xénero, a orientación sexual ou o desexo, ofrecendo ferramentas para coñecerse mellor e medrar con confianza, respecto e liberdade.

O Festival Literario de Allariz (FLAZ) regresará os días 3, 4 e 5 para reflexionar sobre os límites entre verdade e ficc...
10/06/2026

O Festival Literario de Allariz (FLAZ) regresará os días 3, 4 e 5 para reflexionar sobre os límites entre verdade e ficción, os novos enfoques na literatura actual e os cambios na difusión de libros a través das redes sociais.

Tensi Gesteira, mellor coñecida como será unha das convidadas a esta IV edición do festival. Tensi Vive desde hai unha década en Bueu, onde traballa no gabinete de Comunicación do Concello; publica crítica literaria no suplemento «Sermos Galiza», do xornal Nós Diario e recomendacións literarias na revista A Movida; colabora na revista Luzes e adoita formar parte de xurados literarios.

Coa súa web literaria Lecturafilia foi recoñecida co 2.º Premio da Xuventude da Deputación de Pontevedra e foi finalista nos Premios da Gala do Libro Galego e o 3 de xullo conversará con Koldo Concejo (membro de ) sobre ‘A difusión da literatura nas redes: Novas linguaxes e novos obxectivos’.

Dirección

Emilia Pardo Bazán 5
Allariz
32660

Horario de Apertura

Lunes 11:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Martes 11:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Miércoles 11:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Jueves 11:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Viernes 11:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Sábado 11:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Domingo 11:00 - 14:00
17:00 - 20:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Airadasletras publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Airadasletras:

Compartir

Categoría