Ler Librerías Santa Comba

  • Home
  • Ler Librerías Santa Comba

Ler Librerías Santa Comba Contact information, map and directions, contact form, opening hours, services, ratings, photos, videos and announcements from Ler Librerías Santa Comba, Book shop, Rosalía de Castro 32, Santa Comba, Galicia, 15840, .

A infancia pode ser un paraíso perdido ou o primeiro inferno. Cando a violencia se instala no fogar, a casa deixa de ser...
25/05/2026

A infancia pode ser un paraíso perdido ou o primeiro inferno. Cando a violencia se instala no fogar, a casa deixa de ser refuxio e convértese nun territorio de medo que marca para sempre a vida futura.

Este xoves ás 19:00h estará na librería Alba Tomé ( ) presentando “As humidades”, obra finalista do Premio Illa Nova de Narrativa 2025.

Agardámoste🪁

Hoxe ás 19:00h Marisol Bravos estará na librería presentando o seu libro “Unha historia de superación” acompañada por Na...
22/05/2026

Hoxe ás 19:00h Marisol Bravos estará na librería presentando o seu libro “Unha historia de superación” acompañada por Natalia Lema e Vicente Abelleira.

Tamén se proxectará o documental “Pólio, crónica de una negligencia”. Achégate a esta presentación solidaria!🫂

🫪🫪🫪TEMOS BOAS E MALAS NOTICIAS: A boa é que preparamos un xogo especial para celebrar o Día das Letras galegas: unha esp...
18/05/2026

🫪🫪🫪TEMOS BOAS E MALAS NOTICIAS:

A boa é que preparamos un xogo especial para celebrar o Día das Letras galegas: unha especie de competición con probas cuxo premio era unha cestiña de produtos relacionados con Galicia.

A mala? Que algunhas de vós sodes moi madrugadoras e pasáchedes por aquí a primeira hora da mañán, así que este pequeno xogo xa ten gañadora🫣 A quen madruga, Deus lle axuda!

Pero non vos preocupedes, porque o desconto do 10% sigue estando vixente en todos os libros de galego ata última hora do día, así como o noso crucigrama e pistas escondidas para que vos entreteñades un anaquiño dándolle aos miolos! 🗞️

💜💛💜 Feliz Día das Letras Galegas! Desliza para descubrir algunhas das obras literarias que se publicaron este ano vencel...
17/05/2026

💜💛💜 Feliz Día das Letras Galegas!

Desliza para descubrir algunhas das obras literarias que se publicaron este ano vencelladas á figura de Begoña Caamaño 🫂

E lembra que mañá temos un 10% de desconto nos libros en galego!

Mañá celébrase o Día das Letras Galegas, adicado á escritora viguesa Begoña Caamaño✍️Na librería festexarémolo cun desco...
16/05/2026

Mañá celébrase o Día das Letras Galegas, adicado á escritora viguesa Begoña Caamaño✍️

Na librería festexarémolo cun desconto do 10% en todos os libros en galego, e tamén con algunhas sorpresas que anunciaremos por aquí😉

Estade atent@s!

👠👠👠Ambición, moda, éxito e poder: unha pequena selección literaria para acompañar a estrea do filme “El diablo viste de ...
15/05/2026

👠👠👠Ambición, moda, éxito e poder: unha pequena selección literaria para acompañar a estrea do filme “El diablo viste de Prada 2”

Fainos moita ilusión anunciarvos que o vindeiro 14 de maio estará na librería Laura Veiga (.gal ) presentando o seu novo...
11/05/2026

Fainos moita ilusión anunciarvos que o vindeiro 14 de maio estará na librería Laura Veiga (.gal ) presentando o seu novo libro “O mapa da túa sexualidade”, un álbum ilustrado pensado para abordar o tema da sexualidade coas crianzas🤸Moitas de vós xa coñeceredes a Laura, pois formou parte do noso equipo aquí en Ler.

Con “O mapa da túa sexualidade” busca romper tabús e crear conversas necesarias, achegando a sexualidade de maneira cercana e divertida aos máis cativos. Este álbum é unha guía clara, divertida e coidada para comprender como funcionamos por dentro e por fóra: o corpo que medra, os sentimentos que ás veces enredan, o xénero, o desexo, a orientación sexual... e moito máis! 🗺️

Agardámosche o vindeiro xoves ás 18h na librería!📍

🌈🌈 🌈MAIOEste mes ven cun montón de eventos😊Entre eles un dos máis importantes: O día das Letras Galegas! Agardámoste!🎈
06/05/2026

🌈🌈 🌈MAIO

Este mes ven cun montón de eventos😊Entre eles un dos máis importantes: O día das Letras Galegas!

Agardámoste!🎈

Persépolis (2000) é moito máis que un cómic: é unha historia persoal que conta a importante loita pola liberdade, a iden...
30/04/2026

Persépolis (2000) é moito máis que un cómic: é unha historia persoal que conta a importante loita pola liberdade, a identidade e os dereitos en tempos de represión💪

Lelo non só engancha polo seu estilo directo e visual, senón que tamén convida a reflexionar, cuestionar e entender mellor outras culturas cunha mirada humana máis humana e empática 🫂

Por desgraza, os temas que trata Persépolis seguen a ser de actualidade en moitas partes do mundo, por iso hoxe máis ca nunca recomendamos a súa lectura📖

Este martes 28 de abril estaremos na presentación do libro “O país invisible: a epopea atlántica da diáspora galega”, do...
28/04/2026

Este martes 28 de abril estaremos na presentación do libro “O país invisible: a epopea atlántica da diáspora galega”, do xornalista e escritor Arturo Lezcano🌎

A obra, que afonda nas historias reais da emigración galega, presentarase na Casa do Pozo ás 19h📍e enmárcase no programa cultural “A estación das letras e da foliada” organizada polo Concello de Santa Comba.

Non te perdas esta oportunidade de descubrir ese “país invisble” construído por milleiros de galegos e galegas ao outro lado do Atlántico🌊

Address

Rosalía De Castro 32, Santa Comba, Galicia, 15840

Telephone

+34981881333

Website

Alerts

Be the first to know and let us send you an email when Ler Librerías Santa Comba posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

Contact The Business

Send a message to Ler Librerías Santa Comba:

  • Want your business to be the top-listed Shop?

Share