18/06/2026
🍷🥖 Con pan e viño faise camiño… pero se lle engadimos unha festa gastronómica facemos historia!
Galicia é terra de produtos con alma, e as nosas festas gastronómicas son a mellor escusa para xuntarnos, brindar e celebrar o que nos fai únicos🍇🎶
🛑 Próxima parada: Concello de Barro!
Do 18 ao 21 de xuño celébrase a XLVII Festa do Viño, unha das grandes citas enolóxicas da provincia, onde tradición, música e sabor se unen para render homenaxe aos viños que forman parte da identidade desta terra.
Durante catro días, o Pazo da Crega énchese de vida: catas, degustacións, obradoiros, actividades culturais, concertos, animación infantil, pasacalles e un ambiente festivo que reúne veciños e visitantes nunha celebración que combina historia, comunidade e orgullo polo produto local.
Unha ocasión perfecta para descubrir os viños de Barro, coñecer a riqueza desta comarca e g***r dunha fin de semana chea de brindes, boa compañía e ese espírito galego que fai que cada festa sexa única.