15/10/2024
GALEGO: Algúns xa o sabedes, outros aínda non. É unha decisión difícil, máis se cabe, cando se van cumprir tres anos do comezo desta aventura, pero quería comunicarvos que Labores con Aguja pechará as súas portas en abril do 2025.
Levo loitando a contracorrente dende a reapertura. O peche é unha decisión complicada pero penso que a máis acertada.
Cando comecei, adentreime nun mundo, prácticamente, descoñecido para min, pero despois destes tres anos o que si teño claro é que non quero abandonalo.
Coñecín moitas persoas, outro mundo, en definitiva, que me namorou e que fai que o peche non conleve deixar de estar nel.
E por que en abril? Amáis de facelo con tempo e non anuncialo dun día para outro, a miña idea é poder estar o maior tempo posible na tenda ata ese momento, para poder despedirme de vós e para liquidar o stock existente, alí e tamén a través da web.
Todo o stock contará cun 30% de rebaixa.
AS CLASES CONTINÚAN E MANTERANSE ATA OS MESES DE MAIO OU XUÑO.
O proxecto "Quérote Bordar" continúa, non se acaba co peche da tenda. Seguirei bordando, porque é o que máis me gusta. Seguirei cos directos no Instagram e, tamén, no Tiktok, para poder, así, ensinarvos todas as cousas que están en liquidación.
Non quería rematar sen darvos as grazas a todos os que nalgún momento decidistes confiar en Labores con Aguja. Moitísimas grazas por todas esas confidencias, polos bos días diarios, por cada palabra bonita para min, para a tenda e para o meu traballo.
CASTELLANO en comentarios ⬇️