09/04/2026
🧵*OBRADOIRO "BORDANDO O PASADO"*🧵
⭐ A Keikes organiza o seu primeiro obradoiro coa participación de María Arufe (.estudio), que desenvolve un interesantísimo traballo artístico arredor da intervención de arquivo fotográfico. As persoas participantes terán a oportunidade de aprender os principais puntos de bordado, practicando en plantillas para despois aplicalos directamente nas fotografías. Coñeceremos os materiais e ferramentas necesarias para poder experimentar e aprender esta técnica.
🏭 Este obradoiro garda relación con actividades anteriores arredor da fábrica de Viriato, xerando un diálogo entre o pasado e o presente a través do téxtil.
📷 Se tes algunha fotografía relacionada coa fábrica que queiras empregar no obradoiro, pódesnola remitir para que lle fagamos unha copia e non danar a orixinal.
🤩 As persoas participantes poderán decidir ao final do obradoiro se queren que algún dos seus bordados forme parte da exposición Creaordes IV, que terá lugar a finais de agosto 2026.
😎 O obradoiro farase dúas veces, unha o 11 de abril e outra o 18 de abril, ambas quendas de 10:30 a 13:30 no local social do Piñeiro.
🫶 É necesario inscribirse, bule que hai prazas limitadas! O prezo son 25€, todos os materiais incluídos.
Podes inscribirte no seguinte formulario, ou contactándonos en ou [email protected].
https://forms.gle/tGK6SeefgSajHyNp6